As mulleres fan unha chamada de urxencia ás administracións polo futuro do rural galego
A semana pasada falabamos calmadamente con varios dos seus ponentes Rosa Arcos, presidenta de FADEMUR, José Manuel Iglesias, membro da Comunidade de Monte Veciñal de Carballo de Friol, Rita Míguez, Presidenta da Asociación de Mulleres de Pesca ANMUPESCA ou Manuel Lógar, director do documental sobre os percebeiros de Muxía.
Todos foron ponentes nas Xornadas sobre Sostibilidade do Mar e o Monte que acollía este pasado sábado 23 de marzo a Casa da Cultura de Corcubión. Unhas xornadas organizadas pola a Asociación e comunidade ecosocial e cultural Boca de Sapo. Foi precisamente o seu presidente, Francisco Santiago López, o encargado de abrir as xornadas e enmarcalas dentro dos proxectos e as liñas de traballo que desenvolven respecto de a concienciación, compromiso e responsabilidade co medioambiente. Os integrantes desta asociación demostran que dende lugares pequenos se poden facer grandes cousas, e queren contribuír a espertar a consciencia social e política dunha poboación que habita nunha contorna eminentemente rural como é Costa da Morte.
Este é o grupo de armadanazas de Boca de Sapo nun momento de descanso durante as xornadas
A muller, de xeito transversal
O comezo foi en clave ritual- restaurador para coa ausencia repetida da voz das mulleres ao longo da historial do rural. María Bella foi invocándoas a elas para que vaian abríndose paso e a eles para que se fagan conscientes da responsabilidade que lles toca, a través dunha serie de fragmentos do libro “Muller rural” de María Sánchez.
Durante as xornadas, que se deseñaron para atender tanto á xestión da terra como a do mar e en clave de igualdade visibilizando as voces das mulleres para crear colectividades en toda a súa complexidade e riqueza, tratouse de mostrar un campo e un mar plurais, habitados e habitables e con chamadas de urxencia, sobre todo ás administracións, para soster proxectos que aseguren o futuro.
O monte
As xornadas da mañá presentaron un rural cunha axenda asociacionista máis vertebrada e veterana, cun longo traballo de visibilización sobre recursos e proxectos específicos de posta en valor da singularidade do territorio galego.
Rosa Arcos, presidenta de Fademur fixo visible con cifras e estudos a importancia do traballo da muller no campo como factor produtivo e da falta de recoñecemento oficial do mesmo. Valorou a capacidade das mulleres de emprender proxectos de traballo que funcionan como proxectos de vida e non como empresas económicas. Mostrou un mosaico amplo de proxectos rurais sostibles, que poñen en valor os recursos e os saberes e cultura locais. Falou do necesario compromiso por parte das administracións para dar apoio a todas estas iniciativas que desenvolven modelos de futuro sostenibles.
José Ramón Xusto, presidente de BOAGA fixo unha radiografía pormenorizada das razas autóctonas galegas, tanto vacas, ovellas e cabras, como porcos ou galiñas, avisando do perigo da súa desaparición en Galicia, e dun mantra endémico desta terra, de non valorar o que temos. Chamaba a atención o que outras rexións de españa non galegas estean cada vez máis interesadas na produción das nosas razas no exterior de Galicia. Nesta liña de aprendizaxe, a veterinaria Cruz Castro de ASOPORCEL introduciu ao público sobre as vantaxes dunha aposta polo porco Celta.
Jose Manuel Iglesias presidente da comunidade de montes O Carballo-Friol mostrou un proxecto pionero de escelencia en canto ao equilibrio social, medioambiental e produtivo da utilización e xestión dun monte vecinal no que se consegue volver recuperar lor equilibrios admirables que posúe a natureza e que nos esquecemos propiciar. O tema do lobo volveu enumerarse como problema e a sinalar á administración respecto de a súa inadecuado protocolo de indemnizacións para os afectados.
Manuel López Pérez secretario de IXP Castaña de Galicia convenceu aos asistentes de que a castaña é un tesouro para Galicia. Falou das distintas variedades e das máis preciar en Europa e Asia. Das formas e técnicas de cultivo e das especificidades da súa transformación e distribución. Unha vez máis dun recurso de calidade excelente e case inmejorable que ademais se saca dunha árbore que pode chegar a ter unha vida de novecentos anos. Choveron críticas unha vez máis para a adminsitración á que se lle pedía apoio e financiamento, que fagan posible a vida das persoas que fan posible a vida de todos aqueles que habitan as cidades.
O mar
O mar deixounos pola tarde unha mestura de admiración e tristeza, un repertorio de loitas, entre eles as das mulleres que queren facer visibles as particularidades dos seus traballos para que sexan atendidas, de proxectos de concienciación e de complexidades sociais, organizativas e administrativas. Pedíase unha atención e xestión das administracións cara ao seu sector porque non atenden nin proporcionan solucións adecuadas ás súas necesidades reais.
Rita Mínguez celebrou o traballo de visibilización de ANMUPESCA centrado en dar cobertura a descubertos no mundo laborar que sofren contínuamente as mulleres do mar.
O corcubionés Luís Rodríguez da Asociación Asoar ARMEGA deu espesor e corpo ao mar en toda o seu complexidade e moi especialmente a través dos proxectos cos que mostran como o mar converteuse nun supermercado de Lixo cheo de peixes iogurt e peces zume. Ricardo Martínez Vidal de APERMAR trouxo á mesa as problemáticas acuciantes dun sector que non consegue estructurarse, que non é capaz de apostar polo seu renovación e emprendimiento e que vive contínuamente na desconfianza.
A pechadura das xornadas correu a cargo da voz máis nova, Manuel Lógar, proveniente da cidade da Coruña pero comprometido a aportar desde o seu traballo ao entramado de complejidades que poñen en xaque á vida no rural. Director da película documental “Entre a Ola e a roca”, estreada estes días en Gailcia e Españaque presentou fragmentos e conversou achega deles completando a panorámica mariña dando espazo a as singularidades da vida e traballo dos percebeiros, homes e mulleres peixe da nosa zona.
Así se desenvolveu unha nova e importante xornada de reflexión sobre o futuro do noso rural, que demostra o poder das pequenas comunidades, e deses pequenos grupos de persoas que se involucran para artellar iniciativas prometedoras. Por eles, cómpre salientar tamén a colaboración da Taberna O Ribeiro, que colaborou cos cafés, da Carnicería Antelo, que levou uns pinchos e bebidas, e a Woodwoorks Buschmann Bela que deseñou o cartel das xornadas.
Novas relacionadas
- Manuel Lógar: “O documental intenta coller unha figura case mitolóxica en Galicia, como é a dos percebeiros, e humanizala”.
- Rita Míguez (Anmupesca): "Temos que mecanizar o mar”.
- Monte Veciñal de Carballo: "É necesario recuperar espazos que lle son propios ás frondosas autóctonas e ao agro”.
- Rosa Arcos: “O empredemento feminino está sendo un dos motores da revitalización o rural galego”.
- Corcubión prepara as potentes Xornadas sobre o Mar e o Monte.
- Os percebeiros de Muxía estréanse no cine da Xunqueira e nas Xornadas de Corcubión
Máis novas
- Corcubión viviu un importante punto de encontro entre sectores do monte galego.
- Boca de Sapo pon en marcha as súas Aula de natureza nas fincas autóctonas.
- Boca de Sapo prepara novos encontros sobre a xestión do monte e do mar.
- Un ano de acción social, cultural e medioambiental da Asociación Boca de Sapo.
- A caza do raposo, no punto de mira.
- As Brigadas Deseucaliptizadoras de Corcubión rexeneran unha finca municipal.
- Corcubión salvou ás aldeas gracias a outra xestión do bosque.