luns. 17.03.2025
El tiempo

A Xunta recibe á Plataforma Xuntos polo Centro de Día de Corcubión

Plataforma Xuntos polo Centro de Dia de Corcubion
Luís Corral, Mercedes Xoubabova e Vicente Jesús Bernal coa alcaldesa de Fisterra
A Xunta recibe á Plataforma Xuntos polo Centro de Día de Corcubión

Non paran. A Plataforma Xuntos polo Centro de Día de Corcubión teñen claro que o que quere algo ten que pelexalo. Levan dous meses percorrendo a comarca, mantendo reunións con representantes políticos e sociais, e non pararán ata conseguir un servizo básico tan necesario para a comarca.

Despois de manter xuntanzas en Camariñas, Muros, Cee, Muxía, Fisterra... este mércores volverán reunirse cos representates do Concello de Corcubión para analizar o estado do edificio do Asilo de Corcubión, e avaliar as necesidades que sería necesario realizar antes da súa apertura. Un edificio que foi reformado hai máis de 10 anos pola Deputación, que leva preparado para acoller a infraestrutura para coidar 25 persoas.

Esta reunión será preparatoria para que terán o xoves 13 de marzo con Perfecto Rodríguez Muíños, presidente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, o ente dependente da Xunta que ten a materia en depedencia. Esperan que o responsable da Xunta entenda que despois de 15 anos de movemento cidadán, este servizo é necesario.

Máis novas

 

Histórico do Centro de Día

Comentarios