#8M: Coristanco pon o foco nas pioneiras

Coristanco volverá conmemorar un ano máis o Día Internacional da Muller cunha programación que inclúe actividades culturais, divulgativas e deportivas. Este 8 de marzo é unha oportunidade magnífica para lembrar e por en valor o camiño realizado por tantas pioneiras ao longo de décadas que lograron que os seus éxitos –e tamén os seus fracasos- sexan considerados sen distinción ou discriminación algunha.
O programa Pioneiras dará comezo o martes 7 de marzo ás 18:00h cunha acción teatral e a inauguración dunha exposición homónima no Edificio de Servizos Múltiples, que estará accesible ata o 21 de luns a venres de 9:00 a 14:00h.
O 8 de marzo, tamén a partir das 28:00h, Mercedes Queixas Zas fará unha das súas contadas, antes da proxección “As pegadas de Rosalía”. O 11 de marzo haberá unha andaina.
Novas do 8M
- Ponteceso: #8M: Feminismo en pé convoca a gran mobilización feminista de Bergantiños:
- Corcubión: Un obradoiro para mulleres, dous para nen@s e unha andaina para o 8M de Corcubión.
- Santa Comba: #8M: Unha 8M de documental en Santa Comba.
- Cee: #8M: As mulleres de Cee teñen moito que contar.
- Carnota: 8M: As mulleres de Sonlilá homenaxean a Marupe cunha cadea de mulleres.
- #8M: Buserana conversa sobre a vida real das mulleres
- 8M Carballo: "Na nosa contorna máis inmediata hai mulleres que son referentes nas súas profesións” (entradas esgotadas)
- 01-02-2023: Carnota chora o pasamento de Marupe.
- 8M 2022: Unha cadea humana sobre a praia de Carnota para simbolizar a forza das mulleres.