O PSOE considera que a falta de concreción do polígono é un “fracaso” do alcalde de Coristanco

Hai case un mes que a Xunta acodía a presentar o proxecto do Polígono aos empresarios de Coristanco, nun acto que o PSOE de Coristanco considerou de "uso electoralista” por non ter chamado aos membros da oposición.
É o propio PSOE o que levou onte o asunto á Comisión de Industria do Parlamento Galego unha proposta non de lei para esixir a axilización da construción do polígono tras “20 anos de promesas incumpridas do PP”..
O parlamentario socialista Martín Seco lembrou que en 2019 o alcalde aseguraba que se non se facía esta obra “quedaría retratado ante os veciños”. Considera así Seco que o asunto ten que ser considerado como “auténtico fracaso de lexislatura” para o alcalde de Coristanco, acumulando un novo paso no “abandono constante” da comarca.
Lembrou ademais que orzamentos autonómicos para 2023 hai unha partida “ínfima” de 212.000 euros para este polígono, o que Martín Seco interpreta como unha cifra “claramente insuficiente”.
Puxo datos e asegurou que a “falla de compromiso” da Xunta que deriva na perda de 17 empresas entre 2019 e 2022, 10 das cales pertencían ao sector da industria.
Así pediu celeridade para que Coristanco on perda o tren do da potente área formada por Arteixo - A Laracha - Carballo.
NOVAS RELACIONADAS
-
- Febreiro 23: O PSOE de Coristanco denuncia o "uso electoralista do polígono por parte do goberno popular”.
- Febreiro 23: Os empresarios de Coristanco coñeceron o proxecto do Polígono.
- Xuño 22: Adxudicada a redacción do Polígono de Coristanco
- Xaneiro 22: Novo paso adiante para o Parque Empresarial de Coristanco.
- Xullo 20: O Polígono de Coristanco volve á palestra 20 anos despois.
- Febreiro 20: Coristanco solicita á Xunta a construción dun parque empresarial.