De Vacas, con conxuro e todo, amenizará o Entroido de Coristanco
O entroido de Coristanco arrincará o vindeiro luns 28 de febreiro cunha Festa Infantil de Entroido con Degustación de Doces típicos desta festividade, obradoiros e actividades de animación para os máis pequenos a partir das 17h. Obradoiro de Caretas de entroido, obradoiro de chapas, taller de positais e de realización de maracas, son algunhas das actividades ás que poderán acceder todos os que nos visiten esa tarde.
Ás 18 horas haberá sesión de teatro na rúa da man de Tarabela Creativa con "Quen ten cú ten medo!" Nesta sesión dunha hora, para rapazada a partir de 6 anos, a meiga abrirá as portas da súa casa para impartir un "Cursiño de prevención de medos", con cinco partes teóricas e cinco partes prácticas.
A outra cita será a do venres 4 de marzo, ás 21,00 horas, chega o concerto de De Vacas, o famoso cuarteto musical con guitarra e tres voces que abrangue grandes cancións veneradas polas masas de diferentes intérpretes como Spice Girls, Enrique Iglesias, Michel Teló, Gangnam Style... cun formato persoal máis divertido e sarcástico.
Máis programas do Entroido
- Malpica volve presentar un completo programa de Entroido feito polas Asociación e para as Parroquias.
- Bailes de disfraces, música, inchables, doces e Enterro da Sardiña no Entroido de Camariñas.
- O Concurso de disfraces da Laracha volverá ser virtual.
- As Casas da Cultura acollen as citas infantís do Entroido dumbriés.
- Un sábado de Batukada e inchables para o día Entroido de Carnota.
- Fisterra recupera o seu “participativo e enxeñoso” Entroido.