Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xunta facilita ao Concello de Santa Comba un tractor para labores de limpeza e prevención de incendios

Xunta facilita ao Concello de Santa Comba un tractor para labores de limpeza e prevención de incendios
O novo tractor do Concello de Santa Comba O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, acudiu ao concello de Santa Comba para acompañar á alcaldesa, María José Pose, na recepción dun tractor equipado con rozadoras de maleza, adquirido grazas ao convenio subscrito coa Consellería do Medio Rural co fin de axudar ás entidades locais nos labores de prevención de incendios. Cada un dos 35 concellos beneficiados por estas achegas dispuxo de 90.000 euros para a compra íntegra desta maquinaria. Esta medida súmase a outras que xa viña aplicando a consellería, como o convenio marco de colaboración cos concellos para a prevención e defensa contra os incendios forestais e polo que as entidades locais poden subvencionar as rozas, dispor de motobombas e brigadas municipais.

Comentarios