Domingo. 20.09.2020
El tiempo

#12m#15m: Volvemos á rúa

#12m#15m: Volvemos á rúa

Xa pasou un ano. Aquel 15 de maio de 2011 a poboación española cambiou de rumbo. A tremenda mobilización daquel sábado fixo que a xente se decatara de que protestar é posible, de que a xente está o suficientemente indignada para deixar o sofá e saír á rúa. Fixo ademais que España puxera unha semente reivindicativa en todo os países occidentais, que se ben aínda non xerminou, permanece latente e terá que estoupar antes ou despois.

Este sábado 12 de maio os colectivos do Movemento 15M sae de novo á rúa para celebrar un ano de protesta. E agarda mobilizacións masivas en todo o estado e a nivel mundial. Na Costa da Morte seguimos lamentablemente sen vivir un momevento reivindicativo, pero as cidades do país si que se moven, para repetir, e aumentar as máis de 50.000 persoas que o pasado 11 de outubro tomaban as prazas.

Unha loita clara contra a clase política acomodada, contra a ditadura dos mercados (os que mandan que diría Louzán, contra os abusos dos bancos (que destaca a entidade ADICAE). Unha loita por cambiar a orde económica mundial dende a abaixo, dende a rúa, coma se fixeron as revolucións toda a vida, para recuperar unha Democracia real xa.
Se ben o discurso do movemento non é todo o concreto que debería para ser efectivo a curto prazo, para este diario as principais demandas que esixe son fundamentais para que a cidadanía recuperar o protagonismo, e que o poder económico volva a servir ao pobo, e non do revés como agora.

Mobilizacións en Galicia

Se ben os colectivos (por chamar dalgún xeito a estas organizacións de veciños sen máis unión que a indignación) de 15M Vigo, Acampada Coruña e Acampada Santiago son os máis activos do país, haberá máis concentracións no país para apoiar esta mobilización a nivel mundial.

  • Santiago: 18:00h saída dende Paseo Central da Alameda para finalizar na Praza do Obradoiro.
  • A Coruña: 17:30h, saída da Praza da Palloza. Percorrido ata Obelisco e María Pita.
  • Vigo: 19:00h, saída da Praza de España.
  • A Mariña: concentración ás 12:00h no Cantón de Ribadeo e xantar popular.
  • Ourense: 19:00h, saída da Alameda ata a Praza Maior.
  • Lugo: 18:30h, na Praza Maior.

Nós estaremos na Coruña. E vós?

15 Motivos

Recollemos do Público esta colleita clara de 15 Motivos para a indiganción. Poderíamos contabilizar unha morea máis, pero estes son ben simbólicos:

  • 1.- Educación: Máis cara e de menor calidade.
  • 2.- Sanidade: Copago histórico.
  • 3.- Inmigrantes: Sen dereiro a asistencia sanitaria.
  • 4.- Protestas: O manifestante coma un criminal.
  • 5.- Desemprego: Á cabeza de Europa (23,6% e un 50,5% en menores de 25 anos.
  • 6.- Despedimento: Máis barato, máis fácil-
  • 7.- Traballadores: Cara a extición dos seus dereitos.
  • 8.- Salarios: Menores ingresos para unha vida máis cara.
  • 9.- Fraude: Amnistía para o grande, castigo para o pequeno.
  • 10.- Banca: Máis cartos públicos para o seu rescate.
  • 11.- Europa: O xugo insaciable.
  • 12.- Información pública: Asalto e camiño cara a privatización.
  • 13.- Muller: Menos investimento, menos dereitos.
  • 14.- Ciencia e investigación: Cada vez máis lonxe do coñecemento.
  • 15.- Cooperación: Estrangúlase a axuda internacional.

En vídeo

Aquí vos deixamos cun vídeo, neste caso da folga do 29 de marzo, para comprobarmos a incindencia do movemento indignado:

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios