Martes. 16.04.2024
El tiempo

#15anosQPC

  • Que che gustaría que organízase QPC?
15 anos qpc

Foi un 27 de xullo de 2007 cando se publicaba a primeira nova en quepasanacosta.com. Nacía, nas oficinas da pequena empresa corcubionesa Galinus, o primeiro diario dixital da Costa da Morte. Eran tempos nos que non había teléfonos intelixentes, non había redes sociais, e nos que a información comarcal na rede era practicamente inexistente.

Clave para manternos vivos e así de influíntes, ademais do enfoque hiperlocal dende unha perspectiva comarcal, e sempre coa idea de vertebrar a Costa da Morte, é a nosa rede de colaboradores, creada dende o comezo. Son centos as persoas que nos axudan enviándonos fotos, comentarios, avisos, carteis, crónicas… do que acontece ao seu arredor. Sen vós sería imposible chegar a tantos recunchos.

Pasaron 15 anos dende aquel día e QPC segue a ser unha das meirandes referencias informativas da Costa da Morte. Na rede, por suposto, pero tamén na vida física, coa cantidade de actividades e eventos que ten desenvolto ao longo de todos estes anos.

Temos realizado 7 Galas do Fútbol da Costa, 4 álbumes de cromos, unha tele para botar os partidos da Costa; un Congreso de Adestradores, varios partidos solidarios da Selección da Costa, varios Encontros de colaboradores, charlas deportivas ou emprendedoras polos centros de ensino, unha Gala dos Medios en Galego, un debate electoral en Cee, ou ata o envío de material deportivo a un país como Angola

Que che gustaría que organízase QPC?

E agora, de cara ao futuro, queremos contar contigo para saber que che gustaría que artellásemos. Queremos que QPC saia da pantalla pero queremos saber que vos apetece vivir na comarca. Tanto a nivel social, cultural, deportivo, político… Queremos as vosas opinións que nos podedes enviar aquí mesmo ou nas redes sociais do diario:

 

Novas relacionadas

Comentarios