5 libros costeiros entre os finalistas aos Premios Follas Novas
12:41 01/03/21
O certame, que cambiaron este ano de denominación, repasa as novidades deste singular curso 2020 e a súa resolución darase o vindeiro 15 de maio nunha gala no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Estes son os finalistas costeiros:
- Zona a defender (Edicións Xerais de Galicia), Manuel Rivas, na categoría de Ensaio.
- Aramados (Alvarellos Editora), Manuel García Gerpe, traducido por Miro Villar, na categoría de Tradución.
- Ninguén morreu de ler poesía (Edicións Xerais de Galicia), Aldaolado (Lucía Aldao e a ceense María Lado) na categoría de Poesía.
- Entre donas (Baía Edicións), varias autoras entre as que temos a Marilar Aleixandre, membro do Batallón Literario da Costa da Morte e con familia de Toba, e á poeta Carballesa Rosalía Fernández Rial, na categoría de Narrativa.
- Pequena historia da Coruña (Edicións Embora), do malpicán Xosé Alfeirán e Xosé Tomas, na categoría de Banda Deseñada.
Novas costeiras sobre libros
- Aramados: "os meus nove meses polos campos de concentración de Francia". Manuel García Gerpe.
- María Lado: En “Gramo Stendhal” trato de explorar a relación co territorio que sentimos os que tivemos que marchar de aquí”.
- María Lado: "En xeral, son unha poeta boa de ler”.
- Novembro 2020: A Libraría Brañas Verdes recibe o Premio Honorífico da Federación de Libreiros de Galicia.