Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Asoar-Armega solicita máis cota de pescada para salvar a flota de baixura

A Asoar-Armega solicita máis cota de pescada para salvar a flota de baixura

A ASOAR ARMEGA, tras o peche precautorio, o pasado sábado 26 de febreiro, da pesquería da pescada do Cantábrico Noroeste para a modalidade de artes menores no primeiro trimestre do ano, por ter consumido o 70% da cuota correspondente a este período, reafírmase na necesidade de que se lle asigne a este segmento de flota unha maior porcentaxe no reparto do TAC que garantice o rendimento sostible da súa actividade, non contribuíndo á desaparición deste tipo de flota.
Xa no seu momento esta Entidade incidira na necesidade de asignar un 25% do total da cuota de merluza destinada a España pola U.E. para a flota de artes menores, sendo conscentes da repercusión da pesquería da merluza nesta flota e dos graves problemas que puidera ocasionar o peche da pesquería.

Aseguran que "este peche non só vai a afectar ás embarcacións que dirixen a súa actividade á captura da merluza, senón que tamén vai incidir negativamente en outras pesquerías, ao ter que mudar, centos de embarcacións, a súa actividade, buscando o uso de outras artes dirixidas a capturar outras especies". Esto pode afectar directamente á situación de determinados recursos, incrementando a súa produción, o que favorecera a súa sobreexplotación e, consecuentemente, unha baixada de prezos de primeira venda, agravando aínda máis a situación destas embarcacións.

Datos

A día de hoxe a flota de artes menores do Cantábrico Noroeste pode descargar tan solo o 9,96 % do total do stock de merluza asignado a España pola U E, porcentaxe que non é suficiente para o adecuado desenrolo da súa actividade, tendo en conta que este segmento de flota supón aproximadamente un 80% do total da flota. O sucedido vén a confirmar o que esta Entidade xa prevía, razón pola cal, no seu día, insistira na necesidade de fixar unha porcentaxe máis elevada para este sector.

Asemade, "parece discriminatorio que se atenda a comunicar o peche precautorio da pesquería para a modalidade de artes menores cando o consumo da cota asignada ao trimestre en cuestión cando esta acade o 70%, mentres que para o resto de modalidades se realiza cando se acada o 90% da cuota". Asoar xa ten solicitado que se equipare esta medida coas demáis flotas.

Abandono da baixura

Para a Asoar, "o sucedido coa pesquería da merluza non é máis que o reflexo da situación de abandono á que se ten sometida a flota de artes menores que, a pesares de representar un número moi importante de embarcacións, e de ser un sector clave para o desenrolo das comarcas costeiras, non consigue ser recoñecida como tal, nin se ten tido en conta á hora de anteder as súas demandas".

Crise

Esta modalidade de pesca é o subsector máis castigado económicamente pola crise, que perdeu nos últimos tres anos 358 unidades de un total de 441 embarcacións desguazadas na nosa Comunidade, tendo en conta ademais que este segmento de flota, en comparación con outros, non ten percibido durante este tempo ningún tipo de axudas para esta fin.

De feito, para a Asoar, "tanto a administración autonómica como a estatal está priorizando e barallando a posibilidade de aplicar medidas económicas para outros sectores en caso de peche de distintas pesquerías, deixando á marxe ao sector de artes menores". Desde esta Entidade solicitan "que as medidas que se poidan aplicar, en todo caso, se establezan para todos e cada un dos segmentos de flota que se vexan afectados, e non se discrimine ao sector artesanal, como xa ten pasado noutras ocasións".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da ASOAR - ARMEGA.

Comentarios