A Costa da Morte presente na nova Plataforma de Pesca Europea Artesanal LIFE
A pasada fin de semana reuníamonos en Santiago un grupo de 80 pescadores artesanais de toda Europa (Reino Unido, Francia, Alemania, Holanda, Polonia, Grecia, Bélxica, Croacia e España) co motivo de celebrar o II Congreso Europeo de Pesca Artesanal. E aló, na mesa organizadora, como anfitrións atopamos un corcubionés que representa a unha asociación de ámbito galego pero de raíz costeira: Luís Rodríguez da Asoar Armega.
E abofé que foi produtiva a xuntanza pois foi creada a Plataforma de Pesca Europea Artesanal "LIFE" (Low Impact Fishers of Europe). Unha Plataforma coa clara idea de defender os intereses de todos os pescadores artesanais europeos. Un xeito de poder falar cunha soa voz e trasladar a Comisión Europea as súas principais inquedanzas. A declaración foi asinada xa por máis de vinte organizacións europeas e de seguro que moitas máis se van unindo.
Foi unha sesión completa, na que durante día e medio tiveron a oportunidade de compartir experiencias, achegar posturas, amosar as nosas inquietudes e problemas, e coñecer de preto as dificultades que están a atravesar os pescadores artesanais de toda Europ. Importante foi o feito de decatárense que, a pesares da distancia e das distintas características na peculiaridade das distintas flotas artesanais europeas, os problemas e inquietudes son básicamente os mesmos.
Os mesmos problemas
Analizando as diversas situacións, notaron que as principais preocupacións son as mesmas: as cotas, a comercialización, os dereitos de pesca, a falta de relevo xeracional, o desinterés dos gobernos, ou o deterioro medioambiental dos océanos, son en toda Europa problemas comúns da flota artesanal.
Ademáis participou do Congreso un compañeiro senegalés que transmitiu a situación que atravesan os pescadores artesanais do seu país, e que nos fixo ver a importancia que ten a pesca artesanal para as comunidades costeiras en calquera parte do mundo.
Presencia da Comisaria Europea
Tiveron tamén a oportunidade de escoitar a Comisaria Damanaki a través de video conferencia que amosou as súas palabras de ánimo e alento, e un representante da Comisión Europea achegouse ao Congreso para explicar en qué e como vai a afectar a nova Política Pesqueira Común á flota artesanal, e aconsellou sobre cal debe ser o camiño ou a ruta que esta flota ha de seguir para superar as súas dificultades e chegar a bó porto.
Novas relacionadas
- O mar ponse de loito contra o novo Plan de Xestión do Polbo.
- Greenpeace une á flota costeira en Muros para presionar a Cañete.
- Asoar-Armega participa na Campaña pola pesca sostible de Greenpeace.
- Un berro pola pesca artesanal.
- Europa vén escoitar á pescar artesanal costeira sobre as gaiolas de salmón de Muros.
- A loita polas cotas da pesca artesanal chega ás rúas de Bruxelas.
- Asoar une a pesca artesanal para ter voz en Europa.
- Un plan, dende a Costa da Morte, para recuperar a pesca artesanal en Europa.
- ASOAR leva a voz dos mariñeiros ao Parlamento Europeo.
- A Asoar-Armega agradece a labor da GP e outras entidades en favor da pesca artesanal.
- A loita contra as gaiolas de salmón en Muros faise internacional con Greenpeace.
- Greenpeace e ASOAR comprometen en Corcubión aos políticos coa pesca artesanal.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa da ASOAR-ARMEGA.