A Deputación amplía o prazo para as subvencións


O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe a ampliación de prazos de presentación de solicitudes e documentación dentro das convocatorias de subvencións do ano 2014 dirixidas aos 93 concellos, a outros organismos locais e ás entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro da provincia.
Co obxectivo de facilitar os trámites e o acceso dos concellos e as entidades para o seu acceso a este tipo de subvencións ordinarias, a Deputación decidiu aumentar o prazo para a recepción de documentación dos concellos ata o día 20 de decembro e, no caso das entidades, o novo día máximo será o 10 de xaneiro, nos dous casos ás 14 horas.
Este ano, e por segunda vez consecutiva, o trámite de presentación de solicitudes realízase de xeito telemático a través da web www.dicoruna.es, unha ferramenta coa que se axilizarán prazos e sobre a que a Deputación da Coruña impartiu charlas informativas ao longo de toda a provincia dende o mes de novembro.
Máis información
- Dicoruna: Subvencións 2014.
Novas relacionadas
- Xornadas informativas sobre subvencións da Deputación.
- Unha de didáctica empresarial para novos emprendedores dende O Couto.
- 2,5 millóns de euros a través do Plan Leader entraron na Costa dende o 2007.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).