A dobre captación nos ríos Anllóns e Bardoso garanten o abastecemento de auga en Carballo


Alertados está Galicia enteira pola seca. Unha seca que xa está deixando algunha parroquia sen auga, que, de feito, a finais de mes podería entrar en situación de alerta se non cambia a situación. Por iso, son varios os Concellos da Costa da Morte que están tomando medidas en prol da concienciación.
Desta volta, é o goberno municipal Concello de Carballo o que insiste no seu chamamento á poboación para que faga un consumo responsable. Pero ao mesmo tempo, recoñece que non existen problemas de abastecemento grazas á dobre captación nos ríos Anllóns e Bardoso está garantido o servizo.
En todo caso, aínda que a traída municipal non está afectada, si que está habendo problemas con algunhas traídas veciñais. Neste sentido, desde o Concello de Carballo pídese aos veciños e veciñas que comuniquen as dificultades de abastecemento que poidan producirse e que soliciten, se é preciso, os servizos de Protección Civil para encher os depósitos.
A dobra captación débese ao Proxecto Anllóns-Bardoso, no que se investiron máis de catro millóns de euros, e a través se instalaron dúas estacións de aforo de caudal augas arriba das dúas captacións existentes. Deste xeito é posible saber canta auga levan o Anllóns e Bardoso e canta se pode captar de cada un deles en cada momento.
Paralelamente, o Concello realiza a súa propia campaña de diminución do consumo de auga. Por unha banda, aplicando medidas de aforro como o peche das fontes que utilizan auga da traída ou reducindo os baldeos ao mínimo.
Novas relacionadas
- Agosto 2017: A falta de choivas pon en alerta a varios concellos da Costa da Morte.
- Agosto 2017: 2 días sen auga en Ameixenda.
- Xullo 2017: A escaseza de choivas baixa os niveis de auga no encoro da Fervenza
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)