A federación de ANPAS Costa da Morte fai balance do ano académico

08:07 06/07/16
Este foi un intenso curso académico nos colexios da Costa da Morte. A loita polas xornadas únicas en varios centros educativos da bisbarra, a reivindicación da educación hospitalaria e domiciliaria para o alumnando con enfermidades de longa duración e o novo sistema das Reválidas centraron a preocupación dos pais e nais da bisbarra. Neste senso, a federación de ANPAS da Costa da Morte fai balance do curso 2015/2016.
Setembro comezou coa aprobación da nova comisión NEAE - comisión de Necesidades Específicas de Apoio Educativo -. Este grupo de traballo está integrado por familias das ANPAs da Costa da Morte, por familias integradas na recentemente constituída asociación Aloumiños e, tamén, por integrantes dos Equipos de Orientación dos centros de ensino da Costa da Morte que colaboran no asesoramento. Constituida a nova comisión, no mes de outubro iniciouse unha campaña de concienciación e reivindicación na procura dunha correcta atención educativa hospitalaria e domiciliaria para alumnado con enfermidade de longa duración. E nesta liña, convocaron unha reunión con Nieves, a nai de Hadrián.
Novembro tamén foi un mes intenso para a federación de ANPAS Costa da Morte xa que participaron na feira das asociacións de Carballo, no día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres e recolleron información sobre a situación dos comedores escolares nos centros da comarca. Ademais acudiron ao Parlamento Galego, xunto con Nieves, para reclamar unha nova Lei que actualice a xestión da atención educativa hospitalaria e domiciliaria para alumnado con enfermidade de longa duración.
Cadea humana en Malpica
Cadea Humana en Malpica. Foto: Andrés Vizoso
O 12 de decembro ás 12 horas, a federeración de ANPAS Costa da Morte organizou unha cadea humana en Malpica reclamando unha nova normativa lexislativa sobre atención educativa hospitalaria e domiciliaria na que participaron máis de 1000 mans. Tamén en decembro, as ANPAS enviaron unha postal ao Parlamento Galego e ao Congreso dos Deputados reclamando a derrogación da LOMCE.
Tras as vacacións do nadal, as ANPAS Galegas e Nieves mantiveron unha reunión coa Valedora do Pobo para presentar unha queixa ao goberno pola falla dunha necesaria atención educativa hospitalaria e domiciliaria. A formación de ANPAS, desenvolvida na casa da Cultura de Vimianzo, centrou as actividades do mes de febreiro.
I Camiño dos Faros Inclusivos
Camiño dos Faros Inclusivo por Cabana
Xa en marzo, a federeación ANPAS Costa da Morte organizou xunto con diversos colectivos de diversidade funcional e necesidades específicas, I edición do Camiño dos Faros Inclusivos. Tamén conmemoraron o día internacional da Muller Traballadora - o 8 de marzo - e levaronse a cabo as xornadas de formación de ANPAS en Carballo. Ademias, neste mes tivo lugar a III edición dos Premios Ensino Público Galego.
A federeación de ANPAS coorganizou en abril as xornadas de atención á diversidade na Costa da Morte “Aprendemos da Diversidade na Laracha”.
Maio foi un dos meses máis activos debido ás concentracións contra as Reválidas que tiveron lugar en Carballo e Cee, ademais das charlas informativas para as familias sobre este mesmo tema. Neste mes tamén participaron no Camiño dos Faros Inclusivo e tiveron lugar as xornadas educativas “ANPAS GALEGAS na Fin do Mundo”, en Fisterra. O I Camiño dos Faros Inclusivo na Fin do Mundo tivo lugar no mes de xuño nun acto no que a federación de ANPAS reivindicou a inclusión en todos os ámbitos da vida.
Xa no presente mes de xullo, as ANPAS da Costa da Morte apoiaron á ANPA de Dumbría así como a toda a comunidade educativa do CEIP Santa Eulalia despois de que a consellaría de Educación da Xunta pretenda eliminar prazas de profesorado, mantendo a campaña de desmantelamento do Ensino Público Galego.
A última das actividades na que participaron foi nas xornadas "A grandeza das pequenas cousas", celebradas en Santiago de Compostela. Alí expuxeron as súas ponencias sobre proxectos levados a cabo na Costa da Morte como o Camiño dos Faros Inclusivos.
Novas relacionadas


- Mobilización en Dumbría polos recortes de profesorado no CEIP Santa Eulalia
- As anpas galegas reclaman un maior compromiso co ensino público
- As ANPAS animan ás familias a non mandar aos seus nenos ás novas Reválidas
- Carballo e Cee manifestanse contra as reválidas de 3º e 6º de Primaria
- As ANPAS forman e califican o curso cos Premios Rosalía e Werto
- O I Camiño dos Faros Inclusivo xa ten data
- Novo curso de formación para as ANPAs da Costa da Morte
- A Valedora do Pobo únese á loita de Nieves, Hadrián e as Anpas galegas
- Hadrián e Nieves unen 1000 mans por unha Atención Educativa Domiciliaria e Hospitalaria decente.
- “Eu non veño polas horas do meu fillo, senón polas horas de todos os fillos enfermos”.
- O Conselleiro deixa plantada a nai do malpicán Hadrián.
- As Anpas Galegas inician unha campaña de reivindicación por unha correcta atención educativa para os alumnos enfermos.
- Hadrián, punta de lanza para unha campaña galega pola atención hospitalaria e domiciliaria
- A federación de Anpas da Costa da Morte reúnese coa nai de Hadrián
- Por unha atención educativa domiciliaria decente para Hadrián
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Anpas Galegas