sábado. 03.05.2025
El tiempo

A oposición acusa ao Concello de Coristanco de grave fraude e longas débedas

A oposición acusa ao Concello de Coristanco de grave fraude e longas débedas

Novas notas de prensa dos grupos da oposición do Concello de Coristanco. Un Concello que ademais de estar entre os que máis tarde paga aos seus proveedores de toda Galicia, conta con numerosas interrogantes na dirección.
Hoxe, TeGa avisa sobre un posible caseo de fraude na compra de gasóleo, mentres que o BNG alerta que a débeda municipal alcanza os 3 millóns de euros.

Posible fraude municipal na compra de gasóleo

Factura de gasoleo do Concello de Coristanco

Tega alerta dun presunto fraude do concello de Coristanco na compra de gasóleo. Varias facturas confirman que o Concello de Coristanco pagou o gasóleo de calefacción a case 4 veces o seu prezo de mercado, a pesar de estar informado polos servizos de intervención. I é que o prezo do gasóleo que figura nesas facturas é de 3 € /l, cifra que case cuadriplica o prezo de mercado naquela data (en torno a 0,9 € /l). “Pagamos en Coristanco o gasóleo máis caro do Mundo?” pregúntase Amancio Lavandeira, que entende que o caso “podería significar un posible delito de malversación de fondos públicos”.

Tega saca esta conclusión dunhas facturas de 2012, polo que preguntará na seguinte moción a canto se segue pagando o litro de gasóleo dende o Concello.

O BNG fala da débeda

O BNG descoñece cal é a débeda real do Concello de Coristanco, como toda a veciñanza, pero estima que ronda os 3 millóns de euros. Por iso o BNG pedirá unha auditoría como primeira medida urxente en caso de acceder ao goberno o próximo 24 de maio, “como única forma de destapar as mentiras do Partido Popular coas contas municipais”.

Mentres, o alcalde de Coristanco anunciaba onte aos medios de comunicación a próxima convocatoria dun pleno para a aprobación dos orzamentos municipais. Un Pensado Plágaro, que sinala que a débeda está lonxe da cifra dos tres millóns de euros, despois da subida de impostos case ata multiplicalos por dous (por exemplo, subas do 75% no IBI); e a nova petición dun préstamo á Deputación ata 2027.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Notas de prensa do BNG e de TEGA de Coristanco.

Comentarios