Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Anmupesca levará a importancia da muller na pesca polos centros de ensino das comarca

Anmupesca levará a importancia da muller na pesca polos centros de ensino das comarca

Camariñas, Malpica, Cabana e Ponteceso serán algunhas das paradas do novo proxecto impulsado pola Asociación de Mulleres da Pesca (Anmupesca) e apoiado pola Deputación. A entidade, son sede en Malpica, arrincará en setembro un programa para facer visible a importancia do papel da muller na pesca e fomentar a muda xeracional no sector.

Para iso realizarán charlas en centros educativos para nenos e nenas de 6º de primaria e da ESO. O obxectivo é que coñezan as características das profesións que desenvolven as mulleres no sector, fundamentalmente redeiras e mariscadoras, pero tamén mariñeiras ou patroas e contribuír deste xeito a dar a coñecer este labor profesional e animar ás xeracións máis novas a que opten a desempeñalo.

A deputada da área de Igualdade, María Muíño, salienta que “esta iniciativa dará visibilidade ao papel que ao longo da historia tiveron as mulleres neste sector tan importante para o desenvolvemento económico e social de Galiza”. Fai fincapé, ademais, na “magnífica oportunidade que supón acceder a este tipo de formación da man das propias mulleres do sector posto que, habitualmente, estes coñecementos só se transmiten xeracionalmente e non é doado acceder a eles desde os centros educativos”.

Comentarios