Venres. 03.05.2024
El tiempo

APTCM convoca a súa asemblea en clave de xornada de lecer e petiscos para todos os seus socios

Xuntanza de APTCM
Imaxe dunha das últimas xuntanzas de APTCM
APTCM convoca a súa asemblea en clave de xornada de lecer e petiscos para todos os seus socios

A Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte convoca unha asemblea extraordinaria "breve" para o vindeiro luns 22 de xaneiro as 18h. Aínda están pendentes de decidir o espazo en función da demanda que haia.

Será un evento lúdico, con petiscos, no que se abordarán varios puntos:

- Actualización dos estatutos e da directiva.

- Presentación do novo logo de APTCM, deseñado por Martín Caamaño, tamén socio.

- Presentación do novo mapa do xeodestino co listado de soci@s actualizado. Mapa que se levará as feiras de Turismo, oficinas de turismo e repartirase entre os
establecementos asociados.

"O obxectivo do encontro é ter a oportunidade de coñecernos un pouco mellor, intercambiar experiencias e crear sinerxias que poidan ser produtivas para tod@s", explica Pepe Formoso, que lembra que tamén farán unha valoración da campaña "Meses con R, aposta segura" e que accións acometer neste
2024.

Comentarios