APTCM prepara unha serie de reunións con administracións autonómicas, provinciais e locais

A directiva da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) mantivo no día de onte unha xuntanza de traballo co responsable da Consultora Técnica contratada co obxectivo de establecer as liñas de traballo para os próximos meses.
Unha das conclusións principais da entidade é a creación dun documento coas Liñas Estratéxicas da entidade para o Xeodestino que será presentado as diferentes administracións tanto locais, comarcais e autonómicas.
E por aí pasan iniciativas de potenciar os produtos locais e de proximidade tanto da pesca como da agricultura e/ou gandeira así como strong>poñer en valor e potenciar a cultura tradicional, o patrimonio e todos aqueles espazos naturais que ofrece o territorio.
Pero ademais, nesa rolda de contactos, procurarán finamenciamento tanto público (convocatorias de fondos comunitarios etc) como privada (aportacións de socios etc) para poder conseguir que a asociación se faga co “músculo económico” necesario para desenvolver iniciativas de impacto.
Profesionalización
A entidade reafirmou a súa aposta pola profesionalización, e puxo 4 alicerces á estratexia:
- A ordenación.
- A sustentabilidade.
- A Calidade.
- A profesionalidade empresarial.
Información
Outro dos temas que se trataron foi o de obter información mais en detalle por socio para poder ter unha “fotografía mais real da oferta do destino turístico para así poder adaptala ao mercado”. Esta información se vai a obter mediante modelos de enquisas adaptadas para cada un dos sectores que conforman a asociación, como a realizada recentemente sobre os datos de impacto da Semana Santa.
OUTRAS NOVAS SOBRE TURISMO
- Abril 23: APTCM duplica os soci@s e a cota para profesionalizarse.
- Marzo 23: A APTCM remata a súa serie de presentacións comarcais con 110 soci@s.
- Marzo 23: APTCM arrincou a serie de reunións comarcais para presentar o seu proxecto ao tecido empresarial.
- Febreiro 23: A APTCM busca máis socios convocando tres xuntanzas comarcais con polític@s e empresari@s.
- Decembro 22: A APTCM segue apostando pola unión e profesionalización e fan un chamamento á implicación do empresariado.
- APTCM presente oficialmente o seu novo Mapa Turístico
- O sector turístico é “optimista” e prevé un “bo” 2023 “cheo de oportunidades”.
- Agosto 22: A nova directiva de APTCM xa se incorpora ao CMAT:
- Agosto 22: A nova APTCM aposta pola profesionalización.