Xoves. 28.03.2024
El tiempo

ASOAR leva a voz dos mariñeiros ao Parlamento Europeo

ASOAR leva a voz dos mariñeiros ao Parlamento Europeo

Esta pasada semana tivo lugar no Parlamento Europeo unha audiencia sobre a futura Política Pesqueira Común. “Viabilidade socioeconómica e solucións para a pesca a pequena escala no contexto da reforma da PPC”, era o título. E malia que a sesión era para falar de pesca artesanal, só había dous mariñeiros presentes na sala.

Un deles era o corcubionés Luís Rodríguez, Presidente da Asociación de Artes Menores e Pequenos Armadores de Galicia, que foi a única entidade que verdadeiramente prantou cara, e deixou patente a necesidade urxente de definir a pesca artesanal. I é que logo de ter coñecemento do primeiro borrador da futura PPC, que se fixo público o pasado mes de xullo, a ASOAR-ARMEGA pode denunciar que este borrador apenas menciona o modelo de pesca artesanal.
"A quen van entregar todas estas axudas para pesca artesanal se non tedes categorizada a pesca artesanal, se non sabedes cantos barcos hai, cantos mariñeiros traballan...?", espetaba Luís na súa intervención. "O primeiro que hai que facer é unha convención para determinar iso, quen son o sector da pesca artesanal, e a partir de aí falaremos das axudas que queirades", sentenciou.

Así lle espetou Luís á Comisaria de Pesca e á súa man dereita, o ceense Ernesto López, en sabendo que as súas críticas poden supoñer que non volva máis ao Parlamento. Pero conta co respaldo dunha entidade de vangarda, pois foi o propio Parlamento quen convocou a Asoar tras solicitarlle o currículo e recoñecer que era o mellor currículo de toda Europa na materia. As campañas de Limpando as nosas rías, de achegar o mar ás escolas, de equipos de salvamento, de prevención de riscos... son datos suficientes para recoñecer o seu traballo.

A voz do sector

Pero o que máis nos chamou a atención tras falar co propio Luís Rodríguez, é a capacidade da entidade para chegar ao sector. Unha entidade que non marcha, unha entidade que non olvida para quen traballa, unha entidade que sempre mira para o sector.

Así o refrenda o feito de que o propio Rodríguez repetía o seu discurso ante a Comisaria de Pesca a través das radios uhf. Ducias de mariñeiros escoitaban o pasado xoves, mentres faenaban, as premisas que Luís lle endosaba ao Parlamento. Luís puido sentir o pensar do sector, que ata aplaudían, felicitaban, berraban, mentres este lle contaba todo o que dixera en Bruxelas. De vital importancia son estas sesións internas para cos mariñeiros, facéndoos partícipes do que a pesca artesanal está a solicitar en Europa.

A Pescar artesanal non é pesca de altura

Así, na súa exposición, o portavoz de ASOAR, fixo fincapé na necesidade urxente de definir e diferenciar a pesca artesanal no contexto da futura PPC, así como da creación de unha plataforma ou conferencia reivindicativa da pesca artesanal a nivel europeo, onde teñan cabida todo sector pesqueiro artesanal de toda Europa, a intención non é outra que a de unir esforzos para reivindicar un xusto trato para estas pesquerías: un sistema de xestión diferenciado, un catálogo de medidas específicas para esta flota e un fondo propio de financiación. Máis todo elo non sería factible sin non se define e se diferencian clara e obxetivamente estas pesquerías, daquelas outras denominadas industriais ou semiindustriais.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da ASOAR-ARMEGA.

Comentarios