Axenda dunha fin de semana de Carballeira e verbenas na Costa da Morte
Chega a segunda fin de semana de agosto e con ela, unha marea de cousas que facer.
Carballeira de Zas
A Festa da Carballeira de Zas é, sen dúbida, a gran cita desta fin de semana. A carballeira de Velar convertirase no escenario natural máis fermoso da provincia para acoller u dos festivais de música folk máus auténticos do país, con bandas como Red Hot Chilli Pipers, The Rapants, Dios Ke Te Crew, Xosé Lois e Aliboria, Xurxo Fernandes, Uncle Bard & The Dirty Bartards ou Ruxe Ruxe.
Mercado das Rutas do mar de Muxía
Fermosa é a cita de Muxía, unha vila que se engalana de mercado mariñeiro de principios do século pasado, e se enche con artesanía, gastronomía, música e teatro de rúa.
Doble cita en Camelle
A vila de Camelle vivirá un sábado completo cunha cita deportiva e outra teatreira.
Cine documental en Corme
O MACCMO acolle o II Ciclo de Cine Documental en homenaxe a Xosé Manuel Ferreiro.
Festas de Vimianzo
As Festas de Vimianzo de agosto son unhas das máis esperadas, con El Combo e Dj Rokiño como grandes reclamos.
Festas do Carme de Sardiñeiro
Na vila fisterrá tamén hai verbena venres e sábado.
Festas de Nemeño
Por Ponteceso, verbeneo sábado e domingo.
Festas do Carme de Cesullas
Por Cabana, as festas de Cesullas tamén son potentes o sábado e o domingo.
Festas de Castrelo
Domingo e luns, festas en Castrelo, Vimianzo.
Festas de Laxe
Do domingo en adiante, ata o 17, festazas de Laxe.
Festas de Anllóns
Ollo á baixada polo Anllóns do martes 15!
Festas da Xunqueira
E tamén dende o domingo, as grandes festas de Cee, as da Xunqueira.
RUTAS POR PONTECESO
Tanto o Concello coas súas saídas nocturnas de Camiñar na Noite como Suso Lista cos seus roteiros patrimoniais, ofrecen interesantes propostas para andar en saídas nocturnas.
OUTRAS VISITAS
ANDAINA NOCTURNA E DIURNA POR PONTECESO
O ciclo andar na noite permite saídas os venres a primeira hora da mañá e da noite.
O CASTELO DE VIMIANZO
Está moi vivo o Castelo de Vimianzo este verán.
FARO VILÁN
O único faro da Costa da Morte que está aberto ao público é o Vilán, con exposición permanente sobre a súa historia e outras exposicións culturais.
AS TORRES DO ALLO
Teñen unha boa visita este verán as Torres do Allo, coas visitas teatralizadas, escape room e exposición de Pazos.
Ademais, esta finde hai sesións documentais da man do proxecto MAN.
ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS NO EU QUERO RAZO-BALDAIO
A contorna natural carballesa acolle unha marea de actividades medioambientais con varias entidades.
VISITAS NO MUSEO FERNANDO BLANCO
Os venres ás 11:00h podes programar a túa visita guiada polo Museo Fernando Blanco de Cee.