Venres. 29.03.2024
El tiempo

Axenda para a fin de semana na #CostadaMorte: aquí as propostas!

Teatro, andainas, concertos, presentacións, exposicións...e, sobre todo, verbenas! Así se presenta a axenda para esta fin de semana na Costa da Morte.

2019-06-07
Tania Veiras volverá pola Costa-Foto-Javi Rial
Axenda para a fin de semana na #CostadaMorte: aquí as propostas!

ARTE DE METEOGALICIA: TEMPO INESTABLE E CON CHUVASCOS

Meteogalicia avísanos que o venres mantense aínda a inestabilidade en Galicia, con aire frío nas capas altas da atmosfera que nos deixará unha xornada de chuvascos, ocasionalmente acompañados de sarabia, máis frecuentes durante a mañá. O sábado será un día de transición entre altas e baixas presións. Deste xeito, os ceos estarán parcialmente anubrados, con nubes de tipo medio e alto, con posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional, máis probable na metade norte pola tarde. Xa o domingo, continuaremos nunha zona de transición entra altas e baixas presións, aínda con aire frío nas capas altas da atmosfera. Así, agárdase unha xornada de ceos parcialmente cubertos, coa posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional durante a tarde.

Venres 7-domingo 9 de xuño

-Festas de San Antonio de Buño, Malpica.

-Festas do Espíruto Santo de Camelle, Camariñas.

-Festas de San Antonio de Xallas, en Cee.

Sábado 8 de xuño

-Foliada do Son do Castro en Cabana.

-Estrea da obra da Escola de Teatro en Muxía.

-Presentación poética con Suso Bahamonde en Lires, Fisterra.

-Festas de San Antonio de Carnés, Vimianzo.

-Festas de Santa Lucía de Olveira.

-Día de Xogos tradicionais nas Torres do Allo, Zas.

-Andaina Coñece a Costa da Morte por Ponteceso

-Concerto de Huella en Vimianzo.

Sábado 8- Domingo 9 de xuño

-Festas de Cereo, Coristanco.

Sábado 8- luns 10 de xuño

-Festas do Espíritu Santo en Muros.

-Festas do Carme de Tal.

Domingo 9 de xuño

-Clausura da IV Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, en Baio (Zas).

-Ruta con Senda Nova polos Camiños de Caión, A Laracha.

EXPOSICIÓNS

  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. A programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición "Mar de Crebas".

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios