Xoves. 10.10.2024
El tiempo

SEMANA SANTA

Axenda para Semana Santa na #Costa da Morte: aquí as propostas!

Aquí vos deixamos as propostas de cultura e lecer para esta Semana Santa na Costa da Morte, onde destacan, como vén sendo habitual nos últimos anos, o programa relixioso e festivo da Semana Santa de Fisterra así como a Mostra do Encaixe de Camariñas.

Desenos de Amaya Fdez na Mostra de Encaixe de Camarinas
A XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas celébrase do 17 ao 21 de abril.
Axenda para Semana Santa na #Costa da Morte: aquí as propostas!

PARTE DE METEOGALICIA: TEMPO ESTABLE CON INFLUENCIA ANTICICLÓNICA

Meteogalicia avísanos que o xoves a presenza de aire frío nas capas medias e altas da atmosfera achegará inestabilidade nesta xornada. Deste xeito os ceos estarán parcialmente anubrados con chuvascos de carácter tormentoso, máis probables e xeneralizados durante a tarde. Para o venres, as altas presións irán entrando progresivamente dende o norte de Europa, aínda que a presenza de aire frío nas capas medias e altas da atmosfera aportará inestabilidade. Deste xeito, durante a mañá os ceos estarán moi anubrados, con nubes máis compactas canto máis ao norte onde se producirán chuvias febles. A partir do mediodía os ceos alternarán nubes e claros en todo o territorio. Ao día seguinte, o sábado, Galicia estará con influencia anticiclónica e circulación do nordés. Polo tanto, os ceos estarán pouco anubrados ou despexados, con algunhas nubes de estancamento no terzo norte e nubes medias polo sur. Xa para o domingo, manterase a influencia anticiclónica.

A Mostra do Encaixe de Camariñas: Do 17 ao 21 de abril

Semana Santa nas Torres do Allo: do 18 ao 21 de abril

Semana Santa en clave de patrimonio en Vimianzo: do 18 ao 21 de abril

Semana Santa cultural e relixiosa en Laxe: do 18 ao 21 de abril

Semana Santa de Fisterra: do 18 ao 22 de abril

Festa Marisqueira en Ponteceso: do 18 ao 20 de abril

Mostra Víndemo Ver en Carnota: do 18 ao 21 de abril

Festa da Xuventude de Malpica: 18 de abril

Festa do Congro na Semana Santa de Muxía: 19 de abril

Mostra de Teatro Xosé Agrelo de Muros: 20 de abril

Romaría da Virxe do Monte en Camariñas: do 20 ao 22 de abril

 

EXPOSICIÓNS

  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. A programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios