Domingo. 06.10.2024
El tiempo

O BNG de Bergantiños e Costa da Morte pide ao PP que acepte ás emendas relativas á comarca

bng_orzamentos-Marcos Trigo-Daniel Perez e Xurxo Rod
O deputado Daniel Pérez, no centro, e os responsables comarcais do BNG en Bergantiños e Costa da Morte, Marcos Trigo e Xurxo Rodríguez, reuníronse para insistir na necesidade de abordar dunha vez por todas os investimentos imprescindibles para esta gran comarca.
O BNG de Bergantiños e Costa da Morte pide ao PP que acepte ás emendas relativas á comarca
Xa o fixeron por separado, pero onte, na previa do debate no Parlamento das Emendas aos Orzamentos da Xunta para 2023, o BNG de Bergantiños e da Costa da Morte quixeron unir forzas para esixir ao PP que acepte esas propostas como “a última oportunidade para demostrar que realmente está comprometido coa Costa da Morte”. Para o BNG hai necesidades que deben estar por riba das ideoloxías e formar parte dun catálogo de actuacións estratéxicas apoiadas por todos os partidos. “Ningún deputado da Costa da Morte pode estar a favor dun proxecto de orzamentos que condena a esta comarca ao despoboamento pola falta de servizos imprescindibles”, sinalan.

Infraestruturas

A Costa da Morte necesita infraestruturas viarias, e nese sentido dende o BNG reclaman “o remate da autovía e a construción da variante de Carballo, pero tamén é preciso estudar a viabilidade do rescate da peaxe na AG-55 e dunha conexión ferroviaria que nos sitúe no mapa das comunicacións”.

Asi mesmo sinalan outra necesidade prioritaria: “un plan de industrialización”. Temos os recursos naturais, a man de obra, portos con tanto potencial coma o de Cee e polígonos punteiros en Galicia como o de Carballo, pero, lonxe de apoiar o desenvolvemento económico sostible dunha comarca tan rica, o PP pon un atranco tras outro.

ORdenación

Pregúntanse tamén “onde está o plan eólico que debe definir dunha vez por todas onde e como poden construírse parques? Onde está o apoio aos traballadores e traballadoras de Xeal? Como vai garantir a seguridade do tráfico marítimo sen servizo de practicaxe e cun heliporto sen helicóptero?“

Novas sobre os Orzamentos da Xunta

Comentarios