Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O BNG comarcal anima a participar na manifestación nacional contra a subida da luz

Manifestacion luz bng santiago 2022
O BNG comarcal anima a participar na manifestación nacional contra a subida da luz

Está a comarca axitada coa suba dos prezos da luz, do combustible… coa perda de poder adquistivo das familias que provoca esta tremenda subida da inflación. Xa vimos as mobilizacións co lema #Eupecho” no comercio e hostalería de vilas como Baio, Vimianzo ou Ponteceso, ademais das accións máis que simbólicas Comercio de Cee.

Aproveita o BNG a ocasión para convocar e animar a toda a veciñanza a mobilizarse contra a subida do prezo da vila a unha manifestación nacional que se fará este domingo en Santiago de Compostela.

O responsable comarcal do BNG, Xurxo M. Rodríguez Baña declarou que “É necesaria a mobilización social para exixir medidas reais contra a crise, e non conformarse con migallas que son pan para hoxe e fame para mañá, mentres as eléctricas, a banca e as petroleiras se forran a conta do pobo, que é quen sofre e paga os efectos desta crise”. O dirixente nacionalista engadiu que “Na nosa comarca aínda se agrava máis a situación, porque o estar na periferia precisa de transporte para todo, tanto para mover a economía como para ir aos especialistas médicos á Coruña, e por enriba debemos pagar a peaxe da autovía de Carballo. Ao final, aos da Costa da Morte sáenos caro vivir onde vivimos por iso debemos facernos valer o próximo domingo na manifestación de Compostela”.

Por todo isto, invitan a participar na manifestación que sairá este domingo 3 de abril ás 12:00h da Porta do Camiño.

Novas relacionadas

Comentarios