Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Camariñas acolleu unha nova manifestación pola pesca artesanal

Camariñas acolleu unha nova manifestación pola pesca artesanal
Manifestacion en Camarinas pola Pesca Sostible

A Pesca de baixura da Costa da Morte tivo unha nova cita reivindicativa o pasado sábado 30 de maio. E tocou en Camariñas, seguindo o camiño percorrido xa en Corcubión, onde preto de 200 mariñeiros chegados de toda a bisbarra e con representación de todas as confrarías da zona (Malpica, Laxe, Camelle, Camariñas, Fisterra, Corcubión e Muxía) realizaron unha Marcha Pacífica entre a lonxa e a praza do Concello.

A defensa da pesca artesanal, da pesca sostible, e da necesidade de coidar os nosos recursos para asegurar o noso futuro volveron ser os lemas principais desta loita. Unha loita que pretende abrir os ollos da Xunta, do Ministerio de Agricultura, Agricultura, Alimentación y Medfio Ambiente, e, sobre todo, á Unión Europea, de coidar os nosos recursos e favorecer a pesca artesanal sobre a pesca de arrastre, unha pesca moito máis destrutiva (denuncian que faenando en zonas de menos de 100 metros de profundidade estragan 10 toneladas de peixe por cada unha que aproveitan) e que ademais non xenera tantos postos de traballo.

Denuncian a precariedade laboral na que se atopan a día de hoxe milleiros de barcos de baixura da costa galega, a falta de axudas, e o trato discriminatorio que reciben das administracións.

Seguen pensando en novas mobilizacións, e pode que a finais de xuño toque manifestación marítima.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios