Martes. 16.04.2024
El tiempo

Comezan unha campaña de recollida de sinaturas por un servizo de pediatría digno na Costa da Morte

Sinaturas pediatra
Comezan unha campaña de recollida de sinaturas por un servizo de pediatría digno na Costa da Morte

Xa está ben, pensan centos de familias da Costa da Morte, cansadas de sentirse cidadáns de segunda por vivir no rural. Os eternos problemas co servizo de pediatría seguen a ser unha constante, de aí que a Coordinadora “Zas sen recortes en pediatría˝ comece unha nova campaña, esta de recollida de sinaturas, para “recuperar o servicio de pediatría no Concello de Zas e que ningún neno da Costa da Morte medre sin un servicio de pediatría digno e de calidade”.

Piden colaboración a toda a veciñanza da bisbarra, e invitan a preguntar polos papeis impresos (que están e varios establecimentos de varias vilas), que irán anunciando na súa páxina de Facebook.

De momento, se ben o Concello de Zas segue recibindo peticións, o impreso xa está nos seguintes establecimentos:

  • Peluquería Pintiña (Baio)
  • Parafarmacia Horizonte (Baio e Ponteceso)
  • A Banca (Zas)
  • Farmacia de Baio
  • Fisioterapia Vertebra (Baio)
  • Agencia AM (Baio)
  • Banco Santander (Zas)
  • Covega (Zas)
  • Farmacia de Zas
  • Bodorrio (Arteixo)
  • CrashMovil (Cee)
  • Fotografía Diego Alonso (Camariñas)
  • Peluquería Aurita (Zas)
  • Peluqueria Novo (Vimianzo)
  • Xolda (Carballo)
  • Todo Lar (Laracha)
  • Centro de saúde Baio e Zas
  • Bar Mourelle (san Adrián de Zas)

A Coordinadora aproveita para informar que estea semana haberá dous días de pediatra no Concello de Zas, martes 14, e o xoves 16 de 10:00 a 13:00 horas. Así de efímera é a atención pediátrica nun concello costeiro...

Novas relacionadas co precario servizo de pediatría

Comentarios