sábado. 09.11.2024
El tiempo

O Comité na rúa mentres XEAL asegura ter investido 6 millóns en seguridade nas fábricas

Faise de noite nas protestas do COmite de xEAL
Nova concentración, xa nocturna, esta pasada tarde de venres
O Comité na rúa mentres XEAL asegura ter investido 6 millóns en seguridade nas fábricas

Fíxose de noite nas protestas do Comité de XEAL no marco da súas mobilizacións. Non descansan os traballadores das fábricas que seguen esixindo un Plan de Viabilidade uns días despois de que a Xunta confirmase que a empresa incumple as peticións da administración.

Mentres, a Dirección de XEAL asegura que ten un plan de investimento de 28 millóns de euros entre os anos 2020 a 2024. Nunha nova de prensa indica que ten 6 millóns de euros xa en marcha, en accións relacionadas coa seguridade. Unha sería a instalación dunha máquina de apertura de bocas de horno nun dos hornos de ferrosilicio de Dumbría, que evita que os operarios teñan que facelo a man.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

Comentarios