Consideran “irrisoria” a rebaixa, só para familias numerosas, da AG-55
A pasada fin de semana o PP anunciaba a rebaixa das peaxes autonómicas AG-55 e AG-57 só para familias numerosas. Deste xeito, as familias que se despracen ida e volta de Coruña a Carballo de luns a venres, só pagarán 2,55€, porque a volta estará bonificada.
Unha rebaixa que dende o PSOE consideran “insuficiente” e “irrisoria”, e que “exclúe á meirande parte da poboación”. Caballo considera incoherente a medida “despois de que o presidente da Xunta dixese, hai dúas semanas, que a rebaixa histórica das peaxes da AP-9, aprobada polo goberno de España, era insuficiente” cando “suporán 2.300 millóns de euros ata o ano 2048” e “delas pode beneficiarse toda a poboación galega durante todos os días da semana”.
Ademais, o voceiro nacional socialista critica o “papeleo” que hai que realizar para poder beneficiarse dos descontos, xa que as familias numerosas que queiran acollerse á redución, teñen que darse de alta nun rexistro en liña habilitado pola concesionaria.
Por todo isto, o dirixente socialista urxiu a Feijóo a “levantar a peaxes das autoestradas galegas” no Valmiñor e en Carballo, que supoña “un beneficio para todos os galegos e galegas” que frecuenten estas vías, xa que “hai fondos e pode facelo”.
Novas relacionadas
- Maio 21: A rebaixa das peaxes das autopistas galegas volve aos plenos.
- Maio 21: A Laracha ponse a 30 e pregunta polas peaxes,
- Abril 21: Piden a liberación da peaxe da AG-55 no Parlamento.
- Abril 21: Caballero pide a liberación da peaxe da AG-55.
- Febreiro 2019: A peaxe da autoestrada A Coruña-Carballo volveu, con poucos cambios, ao Parlamento.
- Novembro 18: A nocturnidade e alevosía da baixada da peaxe da AG-55.
- Xullo 2016: Ata o alcalde popular de Arteixo pide a supresión da peaxe da AG-55.
- Xuño 2016: A Deputación esixe a supresión da peaxe da AG-55.
- O Parlamento non eliminou a peaxe AG-55.