Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A Costa da Morte acendeu a Alerta Feminista e amosou a súa repulsa polo triple asasinato machista de Valga

  • "A Noite Violeta": As entidades Sonlilá e Buserana convocan á veciñanza para unha nova concentración este venres en Carnota e Cee.
Concentracion en Cee da Buserana contra a violencia machista-Foto-Rafa QUintans
Concentración en Cee da Buserana contra a violencia machista-Foto-Rafa Quintáns
A Costa da Morte acendeu a Alerta Feminista e amosou a súa repulsa polo triple asasinato machista de Valga

Despois dos numerosos actos insitucionais tócaballe á sociedade civil alzar a voz. E a repulsa contra o triple asasinato machista de Valga resoou por toda a comarca. Vilas como Carballo, Carnota ou Cee alzaron a voz, ou máis ben, gardaron silencio, ante un novo episodio de violencia de xénero.

Concentracion en Carballo contra o asasinato machista de Valga
​Concentración en Carballo convocada polo Concello

A Praza de Abaixo de Carnota (a da Pedra) era testemuño do nacemento do colectivo Sonlilá. Foron arredor dun cento de persoas as que se achegaron á concentración. ”A xente precisaba mostrar a sua indignación”, recoñecía unha das impulsoras Carmen Siaba, que despois do comprometido manifesto xa convocaba para este venres á sociedade da vila para participar na chamada “A Noite Violeta”, unha cita nocturna (a partir das 20:30h). A entidade propón acodir cun símbolo, a luz violeta, que se leven lanternas, panos violetas e se pode ser vestidas de negro.Concentracion en Carnota contra a violencia de xenero
Concentración en Carnota

A Buserana chama á comarca

Tamén en Cee prepáranse para A Noite Violeta deste venres (ás 21.30 na Praza 8 de marzo), vestidas de negro con algo lila, para simbolizar que o feminismo vai estar na rúa a pesar das graves situacións que se están dando. Así convocou a Organización feminista Buserana tras unha nova concentración chea de emoción.
O manifesto foi parte dun texto de DulceCorcu: “O amor non mata. Non deixa orfos a dous cativos de catro e ste anos que xa, á súa corta idade, enfrontáronse á cara máis voraz do machismo que outros non queren ver”.

”Violencia familiar, doméstica… Eufemismos tan cargados de morte como unha pistola” (…) “Alba e maría nin se quera adquiquirán o lúgubre rango de vítimas de violencia de xénero. Non eran parella, nin ex parella do asasino, e non engrosarán ninha lista oficial, nin recibirán calquera dos exiguos recoñecementos que poideran corresponder aos seus descendentes”.

”Só nos queda a voz, o único que non poden rompernos mentras sigamos vivas”, dicía o manifesto, esperando á Noite Violeta deste venres.

Lendo o manifesto de Buserana-Foto-Rafa Quintans
Lendo o manifesto da Buserana-Foto-Rafa Quintáns

Emerxencia feminista

A Organización feminista BUSERANA, así como Sonlilá súmanse á convocatoria  de EMERXENCIA FEMINISTA feita para todo estado venres 20 de setembro. Así fan as convocatorias: 

Este verán viviuse unha barbarie no Estado español. O terrorismo machista amosou a súa cara de novo: no mes de xullo foron asasinadas 13 mulleres e mais unha menor, co que será lembrado como un dos peores en máis dunha década. As violácións grupais, en manada, duplicáronse. Asasinatos, parricidios, trata, pederastia, extorsión, desaparicións, manadas, violacións… cometidos por homes que ven sustentado o seu sentirse con algún dereito sobre as mulleres nunha sociedade machista e patriarcal.
Mais as mulleres negámonos rotundamente a vivir co terror. E tamén hai unha sociedade feminista cada vez maior, cumha forza imparable, que non ha calar até que o mundo sexa xusto e igualitario, e as mulleres non corramos perigo nen suframos desigualdades polo feito de selo.
Non queremos agardar ao 25N, non podemos voltar á rutina coma se nada pasase. É urxente e necesario demostrar que o movemento feminista está sempre presente, e dar resposta contundente ante estes feitos.

Emerxencia Feminista-Noite Violeta en Cee e Carnota

Novas relacionadas

Reportaxes

Comentarios