Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os Fogóns do Anllóns, serán os primeiros protagonistas da comarca en FITUR

Xose Regueira en Fitur coa CMAT e a Deputacion
Xose Regueira en Fitur de 2020
Os Fogóns do Anllóns, serán os primeiros protagonistas da comarca en FITUR

Faltan 5 días para FITUR pero xa imos perfilando posicións. Unha das primeiras presencias claras será a do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino de ‘Os Fogóns do Anllóns’. O proxecto bergantiñán dirixido pola Deputación da Coruña será, xunto ao das ‘Fragas do Eume’, a protagonista dos actos institucionais da área de Turismo dirixida por Xosé Regueira.

"É unha estratexia turística baseada no valor do propio e nas potencialidades do noso territorio”, sinala un Regueira que apunta que “levamos moitos anos traballando de xeito constante priorizando a calidade sobre a cantidade, apostando claramente por iniciativas que inclúan parámetros de sustentabilidade, que poñan en valor a autenticiadade do noso territorio e das e dos profesionais que traballan nel e, sobre todo, na defensa dun retorno económico para a comunidade local”.

A presentación de ‘Os Fogóns do Anllóns’ terá lugar o mércores 18 ás 12:30h no stand de Turgalicia. Nesta presentación tratarase de poñerlle voz e cara ao proxecto a través dun audiovisual que recollerá intervencións de representantes de sectores como o colectivo de mariscadoras do esteiro do Anllóns, de produtores de legumes e pataca, panadaría, restauración e mesmo deportistas que utilizan o propio Anllóns para as súas prácticas deportivas.
O audiovisual tamén recollerá as voces dos cinco alcaldes dos concellos que conforman o proxecto – A Laracha, Carballo, Coristanco, Ponteceso e Cabana-, e a do vicepresidente da Deputación.

Historial do proxecto

 

Comentarios