Venres. 18.10.2019
El tiempo

A Costa da Morte perde case todo o emprego conseguido na campaña de verán

Datos paro de setembro 2019 na Costa da Morte
Datos paro de setembro 2019 na Costa da Morte
A Costa da Morte perde case todo o emprego conseguido na campaña de verán

Saíron hoxe os datos do par do mes de setembro. E os datos volven ser bastante desesperanzadores. 9 concellos dos 16 que compoñen a enquisa teñen menos paro que en xuño, pero con cifras moi pequenas. O que máis cae é Camariñas, que ten 39 desempregados menos, coincidindo co inicio da tempada alta de producción en Cerdeimar (que aumenta as contratacións nestas datas para asumir a demanda de cara as datas de nadal).

O resto de concellos con menos paro non reducen máis que en decenas o listado de demandantes de emprego. Destacan Coristanco (-25), Cee (-12) e Fisterra (-11).

Na banda contraria, resulta chamativo o dato de Carballo, onde o paro aumentou en 46 desempregados, seguido por Dumbría con 15 e Mazaricos con 11 parados máis.

Renda Dispoñible

Esta é a media por habitante e ano (dato máis recente: 2017) en base ao IRPF (as declaracións a Facenda) da Renta Dispoñible dos nosos concellos:

Datos Renda Setembro 2019 na Costa da Morte

Cee e Corcubión estáncanse (son os que maior renda teñen). Carballo é o terceiro por renda, pero con 5 veces máis poboación que o seguinte. Fisterra e Camariñas amosan un maior incremento de renda que o resto (casi o dobre que os demais), pola reactivación do mercado inmobiliario e o cambio de paradigma económico (evolución do sector primario ao sector servizos).

Corcubión é o concello con maior renda e Mazaricos coa menor (4.000 euros menos).

A nivel estatal, o Concello con maior renda media dispoñible por habitante e ano en España é Pozuelo de Alarcón (Madrid) con 53.185€/persoa/ano.
O que menos, Zahinos (Badajoz) con 10.584€/persoa/ano.
 

A media nacional é de 21.834€/persoa/ano, 3.631 euros por enriba do concello con maior renda da bisbarra e 7.635€ por enriba do de menor renda.

Outras análises económicas de Louzán

Un artigo impactante de Louzán

Comentarios