Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: A ubicación territorial da poboación

Continuamos cunha interesante serie de artigos relacionados cos novos tempos que nos toca vivir, co asesoramento dos técnicos da Oficina de Consumo de Santa Comba.
Co lema "Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: … ou que xa descubríramos pero non queríamos ver” imos repasando asuntos relacionados coa transformación dixital, o teletraballo, a formación empresarial e autonómos, os ríos como límites territorais, as normativas inaplicables…
Sinalizacion entre Santa Comba e Zas
Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: A ubicación territorial da poboación

A UBICACIÓN TERRITORIAL DA POBOACIÓN

Contestar de forma correcta, e dentro da legalidade, á pregunta “onde vives?” ten en moitos casos, e en moitas situacións persoais, unha difícil resposta. Máis ben habería que preguntar “onde estás empadroado?”, “onde tes a residencia oficial?”, ”onde resides? ou “onde tes o teu médico?”. Porque todas as preguntas poden ter a resposta dun municipio diferente, de forma legal, ou, utilizando outro término intermedio entre a legalidade e ilegalidade, de forma alegal, como práctica administrativa popularmente admitida, aínda que isto non queira dicir que amparada pola legalidade.

Este foi un dos grandes problemas veciñais e das diferentes interpretación polas forzas de seguridade na pandemia, sobre todo cando se estableceron limitacións de movementos territoriais.

Se houbo un problema na pandemia coa mobilidade das personas foi este que estamos tratando. O sistema de rexistro de personas está baseado nun costume antigo onde non existía a globalización, onde a única mobilidade que había case era en exclusiva a da emigración e onde todo o mundo residía e facía vida no mesmo municipio no que traballaba. Ademais, tampouco era práctica habitual para a maioría da población o ter dúas vivendas, ou máis, e utilizalas todas de forma habitual.

Os costumes das persoas foron avanzando impostas por un cambio na sociedade, especialmente por parte das novas oportunidades laborais e da popularización dos medios de mobilidade territorial. Pero a administración non o fixo da mesma forma, con normativas que se quedaron obsoletas e quen ninguén intentou cambiar porque, e como vamos a ver, hai moitos intereses, particulares, institucionais e doutra índole.

Ademais, ninguén pensaba que chegaría o que chegou, e agora, de súpeto, parte dos concellos, e sobre todo parte de quen tiña o control da poboación, os corpos e forzas de seguridade do estado, non foron capaces de facer, en moitos casos, un control efectivo da poboación combinando legalidade e alegalidade con pedagoxia dentro da picaresca, cando se estableceron restriccións de mobilidade e peches perimetrais. Chegouse o punto, de que, sendo coñecedores tamén da picaresca, que a hai, e fartos dela, diferentes axentes do orde decidiron interpretar a normativa ao seu criterio, con exceso de celo como nunca se aplicou e incluso con criterios pouco ortodoxos (que non quere dicir que non sexan legais) sen mirar outras opcións.

Esta situación creou diferentes tensións entre forzas da orde, administraccións públicas, sobre todo locais, e cidadáns, entrando nunha amalgama de situacións nas que todos tiñan a súa parte de razón. Dous exemplos dos que máis repercusión tiveron foron a situación do veciño de Corcubión que non o quixo levar a casa dende o Hospital de Cee unha ambulancia por unha discrepancia administrativa, ou a postura dun corpo de Policía local do entorno de Santiago de Compostela, por suposto exceso de celo que moitos veciños denunciaron dicindo que sendo residentes habituais, algúns de moito tempo, lles multaron por ter a dirección desactualizada no DNI.

Como se solventan estas discrepancias

Despois dunha serie de consultas entre concellos, Policías Locais e Gardas Civís vamos a intentar clarexar certos aspectos sobre este embrollo, no que, como dicimos, todos teñen razón, onde incluso hai intereses institucionais para que todo quede como está e non se mova nada.

O primeiro gran conflicto administrativo é o de empadronamento e residencia. A normativa di que o cidadán ten que estar empadronado no municipio no que reside. Pero esta é unha norma que se pasa por alto e que está total e absolutamente admitida pola administración, ata tal punto de que a propia a administración, dependendo para que trámite sexa, pode pedirlle ao cidadán un certificado de empadroamento ou un certificado de residencia. Incluso con diferentes variantes, como certificado de residencia coa unidade familiar, con un determinado membro da unidade familiar ou incluso un certificado de residencia histórico colectivo. Si o cidadán ten que estar empadronado onde reside, a residencia vai necesariamente ligada ao empadronamento, pero como esto, en moitas ocasións, non sucede, a administración (incluída a Policía local que en ocasións ten que informar sobre a situación de residencia) sábeo e admíteo e é cando optan por estas prácticas de pedir diferentes certificacións para constar una situación ou outra.

O empadronamento constátase cunha consulta o Padrón de Habitantes. Sinxelo, se está ou non se está empradronado nun determinado municipio. Mentras que a residencia non se pode constatar con documentos, e ten que ser a Policía Local a que faga indagacións respecto a veracidade de si o cidadán reside ou non nun domicilio determinado. Incluso con diferentes matizacións respecto a si o fai de forma habitual ou non.

Desde os concellos dinnos que hai xente que está empadronada nun concello pero reside noutro. Os motivos son moi variados pero soen estar relacionados con pagar menos impostos municipais, por exemplo no imposto do coche, por temas de axudas ao estar empadronado cunha persoa maior, por estar interesado en ter asistencia sanitaria dun determinado centro de saúde ou área sanitaria ou incluso polo sentimentalismo de non querer perder as súas raíces. Neste senso dinnos en diferentes concellos que hai xente que leva décadas fóra do seu municipio natal, totalmente asentado, residindo e con toda a súa vida lonxe do pobo, pero segue empadronado na casa paterna onde naceu e donde moitos anos residiu cos seus pais, e que, sempre acude a votar cando hai eleccións, porque o empadronamento vai ligado tamén ao censo que da dereito ao voto.

Coa pandemia moita xente aproveitou esta alegalidade administrativamente admitida. Así por exemplo, unha persoa residente en Santiago de Compostela, pero empadronada no seu pobo natal de Camariñas na casa paterna e traballando en Bertamiráns, puido ter case total liberdade de movemento utilizando un dos tres certificados que lle permitían a súa situación. E puido visitar á súa familia sen ningún tipo de problema, porque si o paraban aportaba a identificación que lle conviña en determinado momento.

Despois está o caso dos beneficios que a administración en cuestión che poida dar como incentivos ao asentamento da poboación. Moitos concellos próximos con moitas formas de vida compartida establecen precios públicos diferentes para os empadronados ou para os que están sin empadronar. É o caso do Concello de Cabana en diferentes actividades deportivas ou no uso da súa piscina pública. Unha práctica que tamén replicou o seu veciño Laxe. Pero moitos Secretarios dos concellos non admiten esta práctica ao considerala discriminatoria e fóra de amparo legal, pero que si está en práctica de forma habitual en moitos concellos.

Pero as situacións rocambolescas nestas prácticas van moito más alá. Nos concellos dinnos que na época do boom da construción, e mesmamente agora no sector eólico, hai moita xente que reside todo o ano nun municipio (ou en varios) onde traballan, aínda que, seguen empadronados realmente onde eles consideran que é a súa casa e o seu lugar, pero levan anos residindo en outros lugares de España. Dinnos que case a única excepción a este caso foi durante a emigración a Canarias, onde tan pronto se chegaba ás illas tan pronto se empadronaban, motivado polas grandes vantaxes fiscais que tiñan sobre todo co IVE e os aforros de costes que lles supoñían a compra de coches ou billetes de avión.

Posibles solucións: doble residencia

Algúns funcionarios e policias formulan propostas para nada descabelladas. Por exemplo, hai xente que dependendo do día da semana ou da época decide irse para unha ou para outra vivenda, ben sexa propia, alugada ou a dos pais, ubicadas en diferentes municipios. Para estes casos propoñen a doble residencia en dous municipios distintos a efectos administrativos legais para diferentes trámites e como constatación de que efectivamente comparte residencia en dous domicilios. Obviamente para o voto e para contabilización como número de cidadán tería que ligarse a un municipio. Pero tamén tería outras vantaxes, e non só para o cidadán, senón tamén para os concellos, porque poderíaselle permitir, en caso de ter dous coches, pagar o imposto municipal dun nun municipio e doutro noutro municipio.

En situación similar e constatable está moita xente, sobre todo xubilada en zonas turísticas. Moita xente nativa da Costa da Morte que durante o inverno reside na Coruña, pero durante o verán (verán largo de Semana Santa ao Pilar) faino na Costa da Morte. Incluso madrileños que pasan seis meses de inverno en Madrid e outros seis, de Semana Santa ao Pilar faino na Costa da Morte. Tamén neste caso, e cunha doble residencia poderíaselle dar o opción de ubicar o seu vehículo nun municipio da Costa da Morte que ten con menos carga fiscal que na capital.

Algún incluso fai unha comparativa similar, salvando as distancias, que o tratamento que se lle da os emigrantes coa denominación de “Residentes ausentes”. Que por decilo dalgunha forma residen no seu municipio donde estiveron empadronados por última vez pero por cuestións laborais están ausentes temporais. E están ausentes temporais tanto os que levan 10 meses emigrados, como os que levan 10 anos.

Pero é aí e con esas propostas onde comenzan os conflictos entre administracións. Sería admitir por grandes concellos, con gran peso entre quen teñen que cambiar as leis, que por ter veciños que teñen casa en zona turística e por vivir alí seis meses ao ano poidan perder ingresos por impostos a favor doutras zonas costeiras ou rurais.

Pero tamén está a situación inversa e ademais moito máis grave, gravísima diríamos, tanto no aspecto demográfico como económico. Si se fixera cumplir a lei polaletra e se lle esixise a toda a xuventude da Costa da Morte que, por cuestión de estudios, residen de forma habitual noutros sitios, empadronarse nese lugar de residencia, sobre todo capitais de provincia, a poboación da Costa da Morte mermaría en milleiros de moz@s e moitos concellos non alcanzarían para estar dentro dos cupos actuais para manter a mesma cantidade de cartos procedentes de ingresos do Estado, e mesmamente do plan único da Deputación (o famoso POS), que noutros parámetros considera o de poboación. Incluso outros específicos, como foi o Plan E desenvolvido na crise do 2008 donde o reparto fíxose atendendo ao criterio obxectivo da poboación rexistrada nos padrons municipais de habitantes. Aínda que, sería tamén a forma de que cidades como Santiago de Compostela, formalizasen como residentes oficiais os milleiros de estudiantes que de forma habitual residen na cidade durante o curso educativo e chegar así a superar a tan ansiada cifra de 100.0000 habitantes.

Con este panorama no tema de empadronamento e residencia que debería ser o básico, non é fácil chegar a deducir os problemas noutros sistema de identificación. É o caso do DNI, onde os datos deben ser veraces e estar actualizados. Pero claro, dada a situación, que ademais coñece a administración, o tema da dirección actualizada no DNI é algo que de forma sistemática se pasa por alto. Pero claro, esto sucedía só en situacións normais, cando levábamos unha vida normal e onde a dirección do DNI non se lle prestaba maior importancia por parte da administración, si o cidadán podía estar identificado. Si a Policía Local que decidiu constatar a residencia dos veciños pola dirección reseñada no DNI, decidise actuar da mesma forma na porta das Universidades as sancións alcanzarían o 90% dos estudiantes, e a recaudación por sancións sería espectacular.

Aí é cando xorde o conflicto, e incongruencia entre o que debe ser e o que realmente é dentro dun momento tan especial de pandemia cando axentes da Policía Local, e para ubicar a residencia dos veciños deciden recurrir a dirección que pon no DNI, que como sabemos todos, algunha vez tivemos, ou aínda temos desactualizada. Ao axente, coa lei na man non lle falta razón, pero ao cidadán sin a lei na man tampouco lle falta. E para ilustralo, temos o caso que nos conta un veciño que di “como vou a ter actualizada a dirección do DNI si no último ano estiven tres semanas na miña casa de vacacións e o resto do ano residín en tres cidades distintas por cuestión de traballo, que vou a estar actualizando a dirección permanentemente, cando en moitos casos mándanme para un sitio dous meses e despois dinme que son catro sin saber si finalmente cou botar tres ou acabar notando seis?”.

O médico

Con estas circunstancias temos que entrar de cheo no tema sanitario, que como todo cidadán sabe o estar empadronado nun lugar diferente ao que se reside é a diferencia de ter un médico nun determinado centro de saúde dun ou doutro municipio. E no caso de ser derivado a un especialista é a diferencia entre ser atendido nunha área sanitaria ou noutra. O caso máis patente na zona pode ser o de Zas e Santa Comba que teñen o seu límite territorial no medio dos 14 km que separan ambas capitais municipais. Hai xente de Zas que reside en Santa Comba pero que segue empadronada en Zas, co cal, o optar por un empadronamento nun ou noutro municipio é a diferencia de ter que acudir ao especialista médico a área sanitaria da Coruña-Cee ou a área sanitaria de Santiago.

Aquí xurde outra figura administrativa que é a de desprazado. A situación de desprazado é aquela opción máis práctica que a administración lle dá os posuidores de tarxeta sanitaria para que independentemente de onde estén empadronados poidan ter a asignación dun médico de cabeceira no centro de saúde máis próximo ao seu lugar de residencia. Novamente a propia administración entra en incongruencia. Si como di a lei hai que empadronarse onde se reside, a tarxeta debera ir ligada ao centro de saúde de onde se reside. Pero como a administración liga a tarxeta sanitaria ao empadronamento, e sabe que a cidadanía sáltase a lei, e a administración o permite, empadronándose nun lado e residendo noutro, pois crea a figura da tarxeta sanitaria de desplazado en vez de cambiar a norma de rexistros poboacionais.

E dentro de todo isto xorden tamén os problemas de competencias e interpretacións por moitas veces o tema de administración, que aínda que sexa na sanidade, non pensa moito na realidade da sanidade. Foi o caso do veciño de Corcubión que lle deron a alta no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee a unha da mañán cando estaba establecida mobilidade restrinxida entre municipios, sin coche para desplazarse ao seu municipio e coa orde de confinarse 10 días por precaución. Con ese panorama chamou a unha ambulancia que lle negou o traslado por diferentes interpretacións e conflictos de competencias administrativas ao estar o veciño aínda adscrito a área sanitaria de Cies-Vigo por motivos de traballo anteriores.
E isto foi dentro da mesma comunidade autónoma. E neste senso o cidadán debe ter en conta que en España hai tantas sanidades con comunidades autónomas e que en caso de accidente ou problema médico estar fora da nosa comunidade de residencia, pode ser a diferencia entre a vida e a morte. E non porque nos vaian a denegar a asistencia sanitaria, senón por problemas administrativos que efectivamente poden retrasar a asistencia e facer perder minutos vitais para a superviviencia dunha persoa. Porque na actualidade nen sequera existe un sistema para que os datos e a historia clínica dos pacientes se poidan compartir de forma unificada por todas as sanidades do país. Pode parece un tema menor, pero moitas veces non se pode establecer un plan de actuación nun accidentado sen saber o historial médico e as patoloxías previas para persoa que necesita asistencia, e dependendo en que casos, pode facer perder uns minutos de ouro para unha adecuada asistencia sanitaria.

Positivos en función da Tarxeta Sanitaria

Pero aparece a pandemia. E si antes non sabíamos onde residía realmente un cidadán, a pesar de donde tivera vivenda ou no concello no que estivera empadronado, tampouco poidemos saber con exactitude onde está ese cidadán contaxiado por coronavirus.
Dentro deste “batiburrillo” que describimos, dalgunha forma había que ubicar ao cidadán contaxiado. E polo menos en Galicia, esa identificación estase facendo por medio da Tarxeta Sanitaria, que dentro do “batido” descrito perde, en moitos casos, parte ou gran parte da súa fiabilidade.

A cuestión é sinxela: os datos de positivos en Covid, polo menos en Galicia, e pesar de que nolos dan por municipios, realmente asócianse á tarxeta sanitaria. Polo tanto, si se ten a tarxeta sanitaria co médico no mesmo centro de saúde no mesmo municipio que residimos e estamos empadronados, os datos son reais. Pero si residimos nun municipio e estamos empadronados e temos a tarxeta sanitaria e o médico noutro municipio vai a figurar o positivo nun municipio distinto ao que estamos residindo. Polo tanto, nun municipio os datos van a ser irreais o alza, e outros a baixa. O caso máis significativo pode ser o de estudiantes que den positivo estando estudiando nunha cidade con tarxeta sanitaria de desplazado e opten polo confinamento na casa dos seus pais donde están empadronados. Así van a computar como positivos nesa cidade cando realmente están sendo positivos no seu pobo.

E iso sin ter en conta o persoal a servicio do Estado, que non conta con tarxeta sanitaria ao estar de forma obrigada dentro da mutualidade Muface. Nesta cobertura inclúense sectores como os corpos e forzas de seguridade do estado e o persoal dos centros educativos. Estos mesmos sectores xa realizaron as súas protestas públicas porque en certos aspectos non poden ser beneficiarios igualmente que os que teñen tarxeta sanitaria. E en concreto protestaban porque ao non ter tarxeta sanitaria non pdoería optar a facer os test rápidos de covid nas farmacias.

Dito todo isto, e para rematar co esta complicada situación, recordar tamén que as facturas, como pretenderon moitos veciños no caso daquela Policía Local que lles instaba a identificarse co DNI, tampouco son válidas para demostrar a residencia. Os motivos son varios, pero o principal é que a nome de quen esté a vivenda ou os recibos non é un dato fiable e fehaciente para constatar o tema que nos ocupa. Todos sabemos que nunha vivenda de aluguer moitos dos contratos están a nome do propietario da mesma e abónaselle o que corresponda a final de mes. Polo tanto, as vivendas estan a nome dunha persoa pero nela reside outra. Tamén é habitual ser propietario dunha vivenda con todo o seu nome e tela alugada, co cal efectivamente todo está o teu nome pero non vives nela. Está tamén o caso de fillos que viven nunha casa que lle cederon os pais que seguen tendo todos os servizos da vivenda ao seu nome. Neste caso, pretender identificarse antes as forzas do orden desta forma debería ser sancionado por tentativa de engano.

&nbps;

Serie “Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia”

Outras reportaxes sobre Leis

Comentarios