COVID: As cifras sinalan un aumento do 40% nos novos positivos na última semana
Como anunciabamos a semana pasada, a tendencia da incidencia do COVID na Costa da Morte, tras varios meses en caída, volve ser á alza. Os datos que o Sergas recolle hoxe na súa plataforma de transparencia sinalan que nos 19 concellos da bisbarra temos 528 novos casos diagnosticados nos últimos 14 días, 152 máis que a semana pasada.
A subida débese ao novo incremento de casos na zona de Bergantiños. En apenas 4 días Carballo doblou a incidencia (de 35 a 68), con importantes subidas en Coristanco, Laxe ou A Laracha.
Porén, o de Vimianzo segue a ser o caso máis preocupante, xa con 110 novos casos (133 activos) e unha taxa de incidencia absolutamente desorbitada.
A subida tamén é grave en Camariñas, que pasou de 28 a 59 novos casos en só 4 días, tendo ademais 62 casos activos. Entre eles, un positivo entre o persoal do CEIP Ponte do Porto, que provocará a creación dun cribado dirixido ao profesorado e aos traballadores do comedor e do servizo de limpeza.
A rexedora camariñá pediu un cribado xeral pero o Sergas indicou que van seguir realizando cribados sectoriais
Mentres Mazaricos e Santa Comba se relaxan, volven subir os casos en Cee e Muxía.
En Galicia estanse diagnosticando arredor de 600 positivos diarios, sendo positivas arredor do 10% das PCRs realizadas. Volve subir a presencia de ingresados no Hospital Virxe da Xunqueira, que hoxe se sitúa en 5, 2 máis que a pasada semana.
Baixa presencia nos centros de ensino
Hai un mes calculábamos o número de casos nos centros de ensino da comarca e eran 79. Este pasado venres 9, na volta ás clases, o número descendeu a 47, dando conta do bo comportamento da poboación escolar durante as vacacións de Nadal.
Non hai casos moi graves (apenas un par de centros en Cee e Santa Comba con 5 casos positivos) e non hai aulas pechadas.
Concello | Centro | Total Positivos | Aulas Pechadas |
CAMARIÑAS | IES Plurilingüe Pedra da Aguia | 5 | 0 |
CARBALLO | IES Alfredo Brañas | 1 | 0 |
CARBALLO | CPR Artai | 2 | 0 |
CARBALLO | CEPPR Aspaber | 1 | 0 |
CARBALLO | CEIP Bergantiños | 1 | 0 |
CARBALLO | CEIP Fogar | 1 | 0 |
CARBALLO | CEIP Plurilingüe A Cristina | 1 | 0 |
CARBALLO | IES Monte Neme | 1 | 0 |
CEE | CEIP Plurilingüe Eugenio López | 1 | 0 |
CEE | IES Fernando Blanco | 1 | 0 |
CEE | IES Agra Raices | 5 | 0 |
CORISTANCO | CEIP Canosa-Rus | 1 | 0 |
LAXE | CPI Plurilingüe Cabo da Area | 2 | 0 |
LARACHA | CEIP Ramón Otero Pedrayo | 5 | 0 |
LARACHA | ES Agra de Leborís | 2 | 0 |
MALPICA | IES Urbano Lugrís | 2 | 0 |
MALPICA | CEIP Milladoiro | 1 | 0 |
MUROS | CEIP Ramón de Artaza y Malvárez | 1 | 0 |
MUROS | IES Plurilingüe Fontexería | 2 | 0 |
PONTECESO | IES Eduardo Pondal | 1 | 0 |
PONTECESO | CEIP Eduardo Pondal | 1 | 0 |
SANTA COMBA | CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña | 1 | 0 |
SANTA COMBA | IES Terra de Xallas | 1 | 0 |
VIMIANZO | IES Terra de Soneira | 3 | 0 |
VIMIANZO | CEIP Baíñas | 1 | 0 |
ZAS | IES Maximino Romero de Lema | 1 | 0 |
TOTAL | 45 | 0 |
Máis novas sobre o covid
- COVID: “Esta é a nosa historia”.
- Un monstro vén a verme. Corrupción, industria farmacéutica e capitalismo do COVID-19.
Artigos relacionados
- 07-01-2021: COVID: A tendencia volve ser á alza.
- 04-01-2020: COVID: Vimianzo non se libra e Carnota recupera a mobilidade.
- 29-12-2020: COVID: 9 concellos, tralo peche de Carnota e Muros, rematan o ano con especiais restricións.
- 28-12-2020: COVID: Vimianzo, Xallas e Fisterra, as zonas onde se manteñen o virus.
- 22-12-2020: COVID: O Plan de Nadal inclúe excepcións entre o 23 e o 25.
- 16-12-2020: COVID: Santa Comba, Mazaricos, Carnota, e Fisterra pasan ao nivel medio-alto de restrición.
- 15-12-2020: COVID: 9 do 10 positivos do IES de Fisterra son usuarios de autobús.
- 14-12-2020: SERGAS fai un novo cribado en Camariñas, Mazaricos e Santa Comba
- 11-12-2020: COVID: Camariñas e Zas entran no peche perimetral de Vimianzo; A Laracha, Cabana e Malpica relaxan restricións.
- 10-12-2020: Preocupan os gromos no IESP Pedra da Aguia e no IES Fin do Camiño.
- 10-12-2020: COVID: "Vasos comunicantes" de norte a sur.
- 06-12-2020: Coa do IES Pedra da Aguia, son 6 as aulas pechadas por covid na comarca.
- 04-12-2020: COVID: As cifras de Bergantiños iguálanse ás do resto da Costa da Morte.
- 02-12-2020: COVID: Como afecta a nova “desescalada” e a reapertura progresiva da hostalería na Costa.
- 01-12-2020: COVID: Así está a situación do coronavirus na Costa da Morte.