Xoves. 28.03.2024
El tiempo

COVID: 9 concellos, tralo peche de Carnota e Muros, rematan o ano con especiais restricións

Feijoo presentou tamén as excepcións ás restricións para Fin de Ano
Mapa restricions Galicia covid 29-12-2020
No mapa das restricións de hoxe observamos como a Costa da Morte segue a ser das zonas máis azoutadas polo COVID neste fin de ano
COVID: 9 concellos, tralo peche de Carnota e Muros, rematan o ano con especiais restricións

Coa incorporación de Carnota e Muros ao mapa de restricións, son 9 os concellos en nivel medio alto (Camariñas, Vimianzo, Zas, Santa Comba, Dumbría, Mazaricos, Fisterra, Carnota e Muros). Concellos que teñen a hostalería aberta ata ás 17:00 horas, cun 30% de aforo no interior e 50% no exterior, e con agrupacións de máximo 4 persoas, ademais de ter restricións de mobilidade.

Así o anunciaba hoxe o presidente da Xunta e o publicaba no DOG a última hora deste martes 29, mentres anunciaba a excepcións das restricións para este Fin de Ano, moi semellantes ás de Noiteboa.

  • Entre as 0:00h do 30 de decembro e as 23:00 do 1 de xaneiro, permítese a mobilidade para encontros familiares.
  • Entre as 0:00h do 30 de decembro e as 23:00 do 1 de xaneiro a hostalería pode abrir ata as 18:00h nos concellos con restriciós altas e medio-altos (Camariñas, Vimianzo, Zas, Santa Comba, Dumbría, Mazaricos, Fisterra, Carnota e Muros).
  • O día 31, a noite de Fin de ano, o toque de queda é ata as 1:30h.

Peches perimetrais

Así quedan os peches costeiros

  • Camariñas, Vimianzo e Zas.
  • Mazaricos, Santa Comba e Negreira.
  • Peches individuais: Carnota, Muros, Fisterra e Dumbría.
  •  

Artigos relacionados

Máis novas sobre o covid

Comentarios