Luns. 25.01.2021
El tiempo

COVID: Vimianzo, Xallas e Fisterra, as zonas onde se manteñen o virus

A actualización de datos da fin de semana deixa un balance duro: 3 falecidos (diagnosticados de coronavirus e con patoloxías previas):

  • Un home de 64 anos ingresado no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
  • Un home de 84 anos ingresado no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, que procedía da residencia DOMUSVI de Vimianzo.
  • Unha muller de 73 anos ingresada no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, que tamén procedía da residencia  DOMUSVI de Vimianzo.
Novo gromo na residencia DomusVi de Vimianzo
Novo gromo na residencia DomusVi de Vimianzo
COVID: Vimianzo, Xallas e Fisterra, as zonas onde se manteñen o virus

Facemos un novo repaso semanal da incidencia do COVID na nosa comarca, despois deste primeiro treito de Nadal, sen aínda poder analizar as consecuencias deses días de permiso.

De feito os datos son moi semellantes aos da semana pasada, coa única novidade do aumento drástico que ten vivido o Concello de Vimianzo. O gromo acontecido estes días na Residencia DomusVi de Vimianzo, con 25 casos activos, lanza ata 72 os novos casos positivos nos últimos 14 dias.
De feito, a residencia vimiancesa ía ser das primeiras en recibir as vacinas, pero dado o gromo adiáronse lixeiramente.

Na zona sur da comarca, se ben concellos como Cee, Dumbría ou Muxía evolucionan positivamente, as cifras en Fisterra están tardando en baixar, pero parece que a tendencia é cara a contención.

Pola contra, semella que a comarca de Bergantiños, con 40 novos casos nos 7 concellos nos últimos 14 días, estase librando desta nova onda da pandemia.

A día de hoxe hai só 4 ingresados no HVdX.

Datos covid Costa da Morte 27-12-2020
Datos a 27 de decembro de 2020

Artigos relacionados

Máis novas sobre o covid

comentarios