Luns. 18.01.2021
El tiempo

COVID: Camariñas e Zas entran no peche perimetral de Vimianzo; A Laracha, Cabana e Malpica relaxan restricións

A hostalería de Camariñas terá que pechar ás 17:00h
A hostalería de Camariñas terá que pechar ás 17:00h
COVID: Camariñas e Zas entran no peche perimetral de Vimianzo; A Laracha, Cabana e Malpica relaxan restricións

Varias novidades no Comité Clínico deste venres. A máis singular, seguindo a liña descendente, de norte a sur, da incidencia do virus, as novas restricións impostas en Camarñas e Zas, que entran no peche perimetral de Vimianzo, de xeito que a hostalería terá que pechar ás 17:00h e terá un aforo do 30% no interior e 50% no exterior. Ademais non se permiten agrupacións de máis de 4 persoas.

Pola contra, A Laracha, Cabana e Malpica saen das restricións medio-altas. Ambos concellos baixaron da cifra de 150 novos casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días, polo que quedan sen restricións especiais (hostalería ata as 23:00h con aforo do 40% de aforo no interior e 50% no exterior; e agrupacións de máximo 6 persoas).

A Xunta taén avanzou que mantén o ollo posto en Santa Coba e Mazaricos.

A comarca espera que a Xunta dea, tralo último Comité do ano, que se celebrará o vindeiro martes, boas novas respecto á mobilidade, ao tempo que dará conta das restricións impostas de cara as datas de nadal.

Como queda a comarca

Deste xeito, a comarca queda do seguinte xeito:

  • Nivel máximo de restricións (hostalería aberta ata as 17:00h, con 50% só no exterior, e agrupacións de máximo 4 persoas): o Concello de Carballo con peche individual.
  • Nivel Medio-Alto (hostalería aberta ata as 17:00h, con 30% de aforo no interior e 50% no exterior, e agrupacións de máximo 4 persoas): 8 concellos con 3 peches perimetrais: Coristanco e Ponteceso; Camariñas, Vimianzo e Zas; Cee, Dumbría e Muxía.
  • Nivel Medio (hostalería aberta ata as 23:00h, con 40% de aforo no interior e 50% no exterior, e agrupacións de máximo 6 persoas): Laxe, con peche individual.
  • Nivel básico (hostalería aberta ata as 23:00h, con 50% de aforo no interior e 75% no exterior, e agrupacións de máximo 6 persoas): A Laracha, Cabana, Malpica, Santa Comba, Mazaricos, Carnota, Muros, Fisterra, Corcubión.

Máis novas do COVID

comentarios