Xoves. 15.04.2021
El tiempo

COVID: 9 do 10 positivos do IES de Fisterra son usuarios de autobús

monbus cole muros
Imaxe dun bus escolar na comarca
COVID: 9 do 10 positivos do IES de Fisterra son usuarios de autobús

Esta fin de semana realizouse un cribado arredor do IES Fin do Camiño de Fisterra. A raíz dun pequeno gromo de 5 casos, o centro, a ANPA e o Concello solicitaron este cribado, e o SERGAS accedeu a realizalo.

E o resultado das máis de 100 probas PCR, foi de 6 novos casos, sendo un total de 12 persoas as afectadas. O centro tivo que pechar 2 aulas, e de feito, este luns apenas foi un alumno a clase, pois boa parte dos resultados non se deron ata media mañá e as familias decidiron facer ficar aos [email protected] na casa por precaución.

A cifra de positivos súmase ao aumento enorme que se dá na vila do Cristo durante esta fin de semana, pasando dos 14 novos casos nos últimos 14 días rexistrados o pasado xoves aos 33 de onte. Unha cifra que provoca unha subida da taxa de incidencia media de menos de 300 novos casos por cada 100.000 habitantes a case chegar aos 700, moi lonxe dos 250 casos que toma de referencia o Sergas para comezar a tomar restricións.

O Autobús no punto de mira

Dende o Concello de Fisterra lamentan a falta de información por parte da Xunta. O teniente alcalde Kuka Sar non entende “como non se nos dá ningún tipo de información dende o Sergas sobre o cribado, ou sobre a nosa situación”. Lembra que “xa dende a primeira onda non recibimos información algunha, por iso lle dicimos á veciñanza que non temos máis información que a que dá a Xunta de Galicia no seu portal de transparencia do COVID”.

Unha importante reflexión que fan dende Fisterra é que dos 12 casos positivos que se deron no IES (10 [email protected] e 2 profesores), 9 (dos 10 [email protected]) son usuarios do bus. De feito, analizan que o positivos danse entre rapaces de aulas diferentes e o único nexo é o bus, poñendo de novo enriba da mesa as posibles problemáticas co transporte escolar no rural. Un transporte que rompe a idea das aulas burbulla por completo, de aí que non entenden que a Xunta non faga ningun análise concreto do cribado, e nin sequera se puxera en contacto coa empresa Monbús para solicitar a proba ao condutor.

Dende o centro tamén lamentan a falta de información, dubidan sobre a rotura das “burbullas”, e ademais denuncian dende hai tempo que a empresa non cumpre co estipulado na lei, por exemplo, os luns pola tarde cando unifica as dúas liñas nunha soa.
A ANPA confirma tamén que os buses fan outras liñas escolares, e dubida se eses buses fan servizos discrecionais, co que a norma de manter o seu asento perde o sentido.

Así mesmo, dende o Centro explican que o alumnado “cumpre estritamente coas medidas durante a estadía no centro”, pero que durante o transporte escolar, ao non haber acompañante, non se pode saber que é o que pasa, se se gardan as distancias…

A ANPA do centro tamén están preparandoescritos para enviar ás consellerías de Sanidade e Educación.

Máis novas do COVID

comentarios