Domingo. 11.04.2021
El tiempo

COVID: As cifras de Bergantiños iguálanse ás do resto da Costa da Morte

  • Facemos recolleita da incidencia nos centros de ensino
DATOD COVID COSta da MOrte '4-12-2020
COVID: As cifras de Bergantiños iguálanse ás do resto da Costa da Morte

A Costa da Morte está sendo unha das máis afectadas nestes momentos pola pandemia. Non hai máis que ver o mapa das novas restricións para comprobalo. Pero como vimos facendo nestes últimos meses, continuamos facendo un par de análises máis profundas cada semana.

A día de hoxe aTaxa aproximada de Incidencia acumulada (nº casos / 100.000 habitantes) é a mesma na comarca de Bergantiños que no resto da Costa da Morte. Nunha semana a incidencia en Bergantiños reduciuse á metade, provocando que a taxa global comarcal tamén se reduxese de 436 a 387 casos / 100.000 habitantes.

Pero a baixada bergantiñá contrarresta con subidas como a da comarca xalleira, onde, por exemplo, Mazaricos pasou de 16 a 30 casos. Non baixa o caso de Muxía, a día de hoxe o máis preocupante da comarca cunha taxa superior aos 1.000.

Por Camariñas tamén subiu lixeiramente por un pequeno gromo no IES Pedra da Aguia polo que unha empresa autorizada está a desinfectar o centro. Ademais, vaise realizar un cribado para os alumnos de 3º e 4º da ESO e está intentándose que se amplíe ao alumnado de 1º e 2º da ESO.

Centros de Ensino

Os últimos datos dos centros de ensino son do 3 de decembro. Destaca a volta á normalidade no CEIP Fogar, pero preocupan novos focos. Hai un total de 6 aulas pechadas nos centros costeiros, pero temos 13 casos activos menos que hai unha semana.

Concello Centro Total Positivos Aulas Pechadas
CABANA E.I Municipal A Casa dos Títeres 1 1
CABANA CPI As Revoltas 3 0
CEE E.I. Municipal Vila da Xunqueira 1 1
CAMARIÑAS IES Plurilingüe Pedra da Aguia 6 0
CARBALLO EI As Landras 1 0
CARBALLO CEIP Bergantiños 2 0
CARBALLO CEIP Fogar 9 0
CARBALLO CPR Plurilingüe Artai 2 0
CARBALLO CRA Ponte da Pedra 1 0
CARBALLO IES Isidro Parga Pondal 1 0
CARBALLO IES Alfredo Brañas 3 0
CARBALLO IES Monte Neme 1 0
CARNOTA CEIP Carnota 1 0
CEE CPR Manuela Rial 1 0
CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 2 0
CEE IES Fernando Blanco 2 0
CEE IES Agra Raices 1 0
CORISTANCO CPI Alcalde Xosé Pichel 3 0
MALPICA CEIP Joaquín Rodríguez Otero 1 0
MALPICA CEIP Milladoiro 1 0
MAZARICOS CPI A Picota 1 0
MUROS CEIP Ramón Artaza y Málvarez 2 0
MUROS EI Cativos 1 1
MUXÍA IES Ramón Caamaño 1 0
MUXÍA CEIP Virxe da Barca 10 1
MUXÍA CEIP Os Muíños 3 0
MUXÍA CEIP Luís Seoane 1 1
PONTECESO CEIP Eduardo Pondal 1 0
PONTECESO IES Eduardo Pondal 4 0
SANTA COMBA IES Terra de Xallas 5 0
SANTA COMBA CEIP Barrié de la Maza 3 1
VIMIANZO IES Terra de Soneira 1 0
TOTAL 76 6

Máis novas do COVID

Artigos relacionados

comentarios