Luns. 18.01.2021
El tiempo

COVID: Santa Comba, Mazaricos, Carnota, e Fisterra pasan ao nivel medio-alto de restrición

Carballo, Cee, Coristanco, Laxe, e Ponteceso suavizan restricións
Autocovid instalado onte no Hospital de Cee-Foto: Rafa Quintáns
Autocovid instalado onte no Hospital de Cee-Foto: Rafa Quintáns
COVID: Santa Comba, Mazaricos, Carnota, e Fisterra pasan ao nivel medio-alto de restrición

A partir do da medianoite deste mércores 16 ao xoves 17, entrarán en vigor as novidades en canto as restricións que vén de anunciar a Xunta.

Na Costa da Morte a incidencia continúa baixando de norte a sur. A comarca de Bergantiños queda libre de restricións, pero as de Xallas, Soneira, Fisterra e Carnota-Muros entra en nivel medio-alto. E veremos que acontece no futuro próximo despois dos novos cribados que se realizan estes días.

Aféctanos directamente xa que os Concellos de Carnota, Fisterra, Mazaricos e Santa Comba, pasan ao nivel medio alto de restrición, suspendendo a meirande parte de actividades programadas para as vindeiras datas. Deste xeito, sofren sendos peches perimentrais, só poderá haber reunións de máximo 5 persoas e a hostalería terá que pechar ás 17:00h, cun aforo do 30% no interior e un 50% no exterior.
No mesmo nivel medio-alto mantéñense os Concellos de Dumbría, Camariñas, Muxía, Vimianzo e Zas.

Pola contra, os Concellos de Carballo, Cee, Coristanco, Laxe, e Ponteceso suavizan restricións e quedan en nivel básico, polo que non terán limitación de mobilidade, as xuntanzas poderán ser de ata 6 persoas e a hostalaría poderá abrir ao 50% da súa capacidade no interior e ao 75% no exterior, ata as 23.00 horas.

Mapa restricions COVID
Mapa restricions COVID para o 17 de decembro-Fonte: GCiencia

Nadal confinado

Así mesmo, este mediodia de mércores a Xunta anunciaba que vai realizar o peche perimetral de Galicia do 23 de decembro ao 6 de xaneiro, que se recomenda que as xuntanzas sexa dunha soa unidade familiar (que nunca exceda de dúas unidades), e pon un máximo de 6 persoas para as reunións (sen contar os menores de 10 anos).

Máis novas do COVID

comentarios