Venres. 26.04.2024
El tiempo

SERGAS fai un novo cribado en Camariñas, Mazaricos e Santa Comba

Centro de SAude de Mazaricos
Centro de Saúde de Mazaricos
SERGAS fai un novo cribado en Camariñas, Mazaricos e Santa Comba

Xa avisou a Consellería de Sanidade, tralo Comité Clinico do pasado venres, que mantiña unha vixilancia especial a evolución aos Concellos de Mazaricos e Santa Comba

E a evolución durante a fin de semana non foi boa. Mazaricos conta con 28 casos activos (30 novos casos nos últimos 14 días, 4 menos que o pasado xoves) e a incidencia acumulada é a día de hoxe de 720 novos casos por cada 100.000 habitantes; mentres que en Santa Comba hoxe se rexistran 49 novos casos nas últimas dúas semanas (14 máis que hai 5 días), polo que a incidencia supera os 520 casos por cada 100.000 habitantes, moi lonxe dos 250 a partir dos cales se empezan a tomar restricións.

Deste xeito, o Sergas decretou realizar sendos cribados. O cribado de Mazaricos é a persoas de máis de 45 anos e para traballadores do sector hostaleiro. As persoas, xa citadas polo Sergas pasarán estes días 14, 15 e 16 polo Centro de Saúde para facer a pertinente proba PCR.

En Santa Comba tamén haberá un cribado para a hostalería.

Por Camariñas, despois do cribado realizado no IESP Pedra da Aguia, a cousa segue subindo, unha vez inseridos no peche perimetral de Vimianzo e Zas.  Actualmente hai 30 casos activos por COVID-19 no municipio, ante o que o Sergas  vai a levar a cabo un cribado xeral que afectará á hostalería, taxistas, auxiliares a domicilio e tamén na confraría.

Máis novas do COVID

Comentarios