Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Denuncian posibles fraccionamentos ilegais de obras pantasma de saneamento en Coristanco

Denuncian posibles fraccionamentos ilegais de obras pantasma de saneamento en Coristanco

Tan grave como documentada é a nova denuncia contra o Concello de Coristanco tanto por problemas co saneamento municipal como por malas prácticas na adxudicación de obras municipais relacionadas co propio saneamento. Ata 40 puntos incontrolados de vertidos que non pasan por ningunha depuradora.

Ben podemos comprobar no vídeo os problemas co saneamento, con varios puntos abertos de vertedoiros directos das augas residuais das casas a varios regatos que desembocan no río Anllóns. Falamos de lugares como o Poceiro, o Montecelo, Verdes, Nogueira, Brenlla, San Paio ou Rabuxenta, teñen serios problemas coas verteduras, ao non ter separadas as augas residuais (as que proveñen directamente dos nosos báteres) coas pluviais (as das chuvias).

Pero a cousa é máis grave. Pois esta denuncia presentada ante os órganos da Fiscalía, sinala que houbo obras pagadas polo Concello a empresas determinadas para solventar estes efectos, pero que en varios casos, construíronse depósitos, depuradoras de augas residuais e decantadoras, financiadas por cartos públicos, pero con “dudosos procedementos de contratación por parte do Concello”. Denuncian que o Concello procedería ao fraccionamento de varias obras, troceándoas en fases e proxectos, para adxudicalas á empresa Construcciones Alejandro Martínez e Hijos SL, tamén implicada no caso da chamada “Operación Pataca”. Obras asinadas polo técnico Agrícola M.E.R.C.

Mención especial aportan ña depuradora de Noví, construída por augas no Concello de Carballo para prestar servizo ás dúas poboacións, pero que non está conectada ca rede coristanquesa.

Denuncian ademais, e con probas gráficas, que varios deses colectores, depósitos e depuradoras non están conectadas a rede ningunha, polo que podemos falar dunha “obra pantasma”. “Carecen de instalación adecuada para funcionar”, aseguran, como a de Agualada, construída independiente da canalización.

Continúa a denuncia con outro asunto, o da forma de proceder a asignar obras de “suministro de agua potable e alcantarillado”, entendendo que se realiza de xeito “partidista e caprichoso por parte do Alcalde, mesmo financiando con fondos públicos as acometidas privadas, como as obras en Xaviña e San Paio”.

Por eso, piden que se investiguen estes casos graves que falta de cumplimento da lei e que son perigosos para a saúde dos veciños.

Novas relacionadas

Fonte

Denuncian posibles fraccionamentos ilegais de obras pantasma de saneamento en Coristanco

Comentarios