Martes. 16.04.2024
El tiempo

As diferentes cores entre as Eleccións Xerais, Autonómicas e Municipais na Costa da Morte

Resultados en votos das Eleccions Galegas 2020 na Costa da Morte
Resultados en votos das Eleccions Galegas 2020 na Costa da Morte- Fonte: QPC
As diferentes cores entre as Eleccións Xerais, Autonómicas e Municipais na Costa da Morte

Despois das Eleccións Autonómicas deste 12 de xullo na Costa da Morte, cómpre facer unha pequena reflexión dos resultados. A Costa da Morte queda practicamente monocolor, e só en Corcubión, onde venceu o BNG, o PP non arrasou. Porque un 54% de porcentaxe de votos é, efectivamente, unha “malleira”.

É certo que a nivel autonómico, e facendo comparación coas Eleccións Xerais de 2016, non cambia moito a cousa. Feijoo arrasaba tamén en 2016 deixando un mapa azul en toda a comarca.

Porén, nas pasadas Xerais de Novembro de 2019 a distancia entre PP e PSOE foi minúscula (34% e 32%), quedando o BNG só co 10%, e mesmo nas Xerais de abril o PSOE era primeira forza mesmo na nosa comarca.

E que dicir sobre a diferencia entre estas Autonómicas e as Eleccións Municipais do pasado maio 2019, cando o PSOE se colocaba como primeira forza en 8 dos 19 concellos da comarca, e está gobernando en 10 Concellos. A caída do PSOE, perfectamente reflexada no caso de Dumbría, onde a rotunda maioría absoluta que Pequeño leva acadando máis de 30 anos non serviu para evitar a vitoria popular; e a subida do BNG (ponse como segunda forza en 14 dos 19 concellos) maniféstanse de xeito proporcional.

Precisamente resultan curiosos os datos entre PSOE e BNG en certos Concellos. O BNG non consegue superar ao PP nin en Concellos onde goberna con maiorías absolutas, como Carballo, Mazaricos ou Zas. Casos concretos podemos descatar o de Corcubión, onde o PSOE goberna por unha pequena vantaxe de apenas 40 votos. Porén, nas Autonómicas o BNG superou en máis de 110 votos aos socialistas. Carnota é outro caso singular. O PSOE daba a volta ás municipais o pasado mes de maio, pero en clave autonómica, o PP arrasa, e o BNG case dobla ao PSOE.

A caída de Podemos e as Mareas

En 2016, ao amparo do éxito das Mareas municipalistas de 2015, En Marea conseguía ser a segunda forza no Parlamento Galego con 14 deputados, os mesmos que o PSOE. A caída ten sido radical, ata o punto de non sacar un só deputado, deixándose 4.000 dos 5.000 votos que sacaron nas pasadas Xerais de Novembro (e 7.000 dos case 8.000 de abril…).

O baile de siglas, a absoluta desafección pola política real e a cerrazón nas batallas internas, acabaron afundindo no fondo da irrevalancia tanto o partido Podemos a nivel estatal, como a esperanzadora marea de política civil aberta en 2015.

Vox e Cs, tamén fóra do Parlamento

Outro dos focos de atención singulares é a volta do Parlamento ao tripartito. Como antano, os 3 partidos históricos volven copar o Parlamento Galego, unha vez que nin Podemos, nin tampouco Vox nin Ciudadanos, conseguiron un deputado.

Na comarca, mantense claro a concentración do voto da dereita. Ciudadanos apenas existe xa en Galicia, mentres que a irrupción de Vox freose, e dos case 5.000 votos que recibiron nas Xerais de novembro 19, quedan sen chegar ao milleiro nestas autonómicas.

 

Resultados das #ElecciónsGalegas2020: O PP gaña en 18 dos 19 concellos da Costa da Morte

Resultados de anteriores eleccións

Comentarios