Luns. 18.11.2019
El tiempo

As Enfermeiras Eventuais en Loitan esixirán Transparencia no SERGAS na concentración mensual #12meses12loitas

As Enfermeiras Eventuais en Loitan esixirán Transparencia no SERGAS na concentración mensual #12meses12loitas

Continúa o colectivo de Enfermeiras Eventuais en Loita co seu calendario de mobilizacións baixo o lema “12 meses, 12 loitas”. O pasado mes de setembro saíron á rúa contra o teórico "contrato de estabilidade”. Este mes de outubro adícano á Transparencia, unha das grandes esquecidas da Xerencia sanitaria.

Así, este xoves 11 de outubro, ás 12:00h diante do Hospital Virxe da Xunqueira, volverán protagonizar unha nova concentración, como en outros hospitais e centros de saúde de todo o país.

Coñecer o cadro de persoal

A petición principal é tan básica como coñecer o cadro de persoal de Enfermaría do SERGAS: “Instamos a Administración e aos diferentes Grupos Parlamentarios, como dictan a Lei de Emprego de Galicia (Artigo 6 e 46) e a Lei de Transparencia (Artigo 8) que con carácter urxente, se poña en marcha un mecanismo fiable, dinámico e áxil para coñecer os datos reais sobre a totalidade dos e das profesionais do Sergas ca fin de coñecer con exactitude o estado real da totalidade do cadro de persoal de Enfermaría do Sergas”.

Piden ademais:

  • Coñecer a tempo real as necesidades  de cobertura e as súas condicións, é dicir os contratos dispoñibles.
  • Publicación e actualización en tempo real, no FIDES (ferramenta online dos profesionais) para o persoal aspirante dispoñible, detallando: Tipo de contrato; Servizo no que se desempeñará; e Duración (no caso de ter data de fin).
  • Rexistro automático nas aplicacións administrativas da hora exacta na que se acepta o contrato, a quen se lle adxudica e que esta información, sexa accesible para todos os aspirantes da mesma categoría.
  • Actualización deste rexistro, no momento.
  • Implantación dun sistema de notificacións das adxudicacións efectuadas: tras a aceptación do contrato, que se remita ao adxudicatario a información básica do contrato aceptado, vía telemática (sms, correo electrónico...), para que dispoña dun documento onde conste o tipo de contrato, lugar e quenda a cubrir. (Plataforma telemática similar á dos docentes da Xunta).
  • Listas de formación de áreas adxudica e que esta información, sexa accesible para todos os aspirantes da mesma categoría.

Novas relacionadas

 

Comentarios