Os festivais da Costa da Morte cambian de formato ou se adían un verán máis
Afrontamos un novo verñán de incerteza cultural. A pandemia e a súa incógnita evolución mantén en vilo moitas das actividades culturais que tradicionalmente se celebran nos veráns costeiros. Veremos como resultan as probas pilotos de 6 verbenas galegas, con 1.000 persoas de aforo controlado, que se celebrarán o videiro 19 de xuño, en 6 puntos da xeografía galega (ningún na comarca), pero semella que nos tocará pasar un veran sen pasodobles nin perreo.
Imaxes das citas culturais do pasado verán. Arriba, o Festival das Carrilanas e abaixo das citas do Orballo Cultural en Buño e no Fórum
Si teremos música, pero noutro formato ao que estamos acostumados. A falta de verbenas centramos a atención nos Festivais, citas que se teñen que adaptar aos tempos covid. Un exemplo é o Festival das Carrilanas, que xa o ano pasado cambiaron o formato por unha cousa máis xeitosa, en clave de Km.0, e fomentando as numerosas bandas locais. Este ano, os 17 e 18 de xullo, manterase a idea, con aforos moi controlados, pero boa música e moita atención na costa do Maio.
Se hai un exemplo de saber adaptarse aos novos tempos ese é o proxecto #OrballoCultural. O ano pasado enchían de vida pequenos recunchos de Buño no marco da Mostra de Olería ou o Forum. Este ano xa temos dúas citas aseguradas, de novo no Forum Carballo (do 19 ao 27 de xuño) e tamén en Portocubelo, Lira (a finde do 26 de xuño), pero esperamos que nos caia outro premio gordo.
Suspendidos
Pero hai moitas outras realidades que non poden, por definición, adaptarse. Quen imaxina un Castelo Rock de Muros sen avalanchas? Pois por iso a familia do Casteliño vén de anunciar que “é totalmente imposible levar a cabo a celebrazación do noso querido Castelo Rock tal como o coñecemos, polo que non nos queda máis remedio que aprazar o evento”. Xa se marcan a nova data: os días 22 e 23 de Xullo de 2022, para que a que seguirán sendo vñalidas as entradas do 2020.
O mesmo acontece co Nordestazo Rock de Malpica, que por agora queda no recordo á espera de termos tempos mellores. Ou o Rockin’Carballo, que queda suspendido como as Festas do San Xoán carballés. Non son bos tempos para o rock de toda a vida…
Mentres, por Muxía anda a cousa do Comarea Experiencie bastante parado polo que todo fai indicar que haberá que agardar ata 2022 para disfrutar desa magnífica fusión de música electrónica e electrónica.
Valorando
Hai outros que aínda non saben que facer. É o caso da Festa da Carballeira de Zas, o decano dos festivais da comarca. En próximas datas coñeceremos a resolución.
Outra das grandes citas é o Asalto ao Castelo de Vimianzo, onde a día de hoxe tampuco se ten decidido nada. Pensado para a primeira semana de xullo, están valorando facer algo, en formato reducido, para manter a chama viva, pero aínda non hai nada confirmado.
E algo semellante acontece do Fisterra Blues Experiencie. O Concello este ano non o organiza, pero está o Xacobeo pendente de coller o relevo no marco dun Ciclo de Concertos na Fin do mundo
Tamén na vila do Cristo, a Asociación Anchoa aínda está valorando as esixencias e valorando posibles alternativas para o Festival Folk na Fin do Camiño, que pasa dos 20 anos de historia para deleitarnos coa música do país cada mediados de agosto.
Os que non fallarán
En breve teremos máis novas da Xuntanza Folk de Lires, que este ano si que se celebrará durante varias semanas de agosto, deixando espazo para a Xunqueira.
Non fallará o Xiria Pop, que xa o setembro pasado armou unha fermosa festa.
Outras novas de música
- Unha viaxe á historia do Bravú na Costa da Morte.
- O Orballo Cultural volve ao Fórum.
- Portocubelo, primeiro escenario costeiro do Festival de Orballo Cultural.
- #SoandoconForza: Un avance do que se vén polos festivais galegos este verán.
- Verán 2020: O blues e o pop baten ca pandemia.
- Verán 2020: O Buño deMostra dalle vida oleira a espazos singulares.