II Encontro de Colaboradores de Quepasanacosta – QPC sodes vós!
Cantas veces vos dicimos o mesmo. Pero é que a realidade é a que é. Sen a vosa axuda este proxecto non seguiría adiante, crecendo diariamente; sen a vosa axuda, este diario non podería chegar a 15 concellos, a ducias de vilas, a milleiros de lugares...
Precisamente por iso, a dirección do diario dixital da Costa da Morte Quepasanacosta e a empresa corcubionesa Galinus, Taller de Novos Medios, organiza o II Encontro de Colaboradores de Quepasanacosta.
O sentido desta xuntanza non é outro que o de agradecer a laboura de colaboración das máis de cen persoas que fan posible que cada día cheguen ata cada pantalla a actualidade de toda a bisbarra.
Na Costa da Morte, o Xornalismo cidadán é unha realidade.
Trala reunión do ano pasado, este 2011 queremos darvos conta das últimas novedades do diario, e poñernos cara, que nesto da internés ás veces perde un pouco o lado humano.
A fin de semana contarémoslles como foi a cousa...
Novas relacionadas
- QPC e Certo unen a Costa da Morte e a Barbanza.
- QPC exporta información da Costa da Morte a toda Galicia Confidencial.
- QPC segue crecendo e se afianza como unha referencia informativa na Costa da Morte.
- 1 millón de visitas, 1 millón de gracias.
- 2010, un gran ano para QPC.
- A Costa da Morte no corazón das TIC galegas.
- QPC presentouse en sociedade.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).