Venres. 29.03.2024
El tiempo

8 DE MARZO

Interesantes xornadas de xénero polos concellos da comarca

Vaise achegando o 8 de marzo e as actividades arredor do Día da Muller fanse públicas. Estes días coñecemos interesantes iniciativas, tanto a nivel municipal como provincial, para seguir traballando en materia de igualdade.

Exposicion de Viki Rivadulla en Vimianzo
A Exposición "Bruxa" de Viki Rivadulla estréase este venres en Vimianzo
Interesantes xornadas de xénero polos concellos da comarca


Unha cita que se enmarca nestas xornadas é a exposición de Viki Rivadulla en Vimianzo. A inauguraciuón será este venres 1 de marzo ás 20:30h na Sala Antón Mouzo da Casa da Cultura

Cartel de luxo para as IV Xornadas de Xénero en Pontecesoxornadas de xenero Ponteceso 2019

Mercedes Queixas, Clara Amado, Ana Sánchez, Celtia Figueiras, Roser Amills, Raquel Queizás e Soledad Felloza difundirán a cultura da igualdade ao longo do mes de marzo.

Será no programa que a Área de Biblioteca que dirixe o concelleiro pontecesán Carlos Penedo arredor Día Internacional das Mulleres. Estas IV Xornadas de Xénero arrincarán o próximo venres 1 de marzo cunha convidada de luxo: Mercedes Queixas. A escritora, mestra e académica galega ofrecerá unha charla titulada “As pioneiras como Rosalía”, na que a partir dunha fermosa biografía infantil sobre Rosalía presentará a outras mulleres sobresaíntes e tamén pioneiras no seu tempo, pertencentes a diferentes áreas do coñecemento. A xornada rematará cunha actuación musical protagonizada polo dúo pontecesán formado por Clara Amado e Ana Sánchez, que interpretarán temas relacionados coa igualdade.

A segunda cita terá lugar o vindeiro xoves 7 cunha proposta escénica dirixida ao público familiar que nos achegará a contadora de contos Celtia Figueiras a través do espectáculo Ula Lúa?, no que se narra a historia dunha tímida e asustadiza gatiña que nos amosará valores tan importantes como a tenrura, o respecto ou a solidariedade nun mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.

As Xornadas tamén viaxarán ata o IES Eduardo Pondal de Ponteceso para promover un encontro entre os/as estudantes do centro e a xornalista e escritora mallorquina Roser Amills, autora de numerosos libros de novela, ensaio e poesía que compaxina coa súa actividade profesional en radio, TV e plataformas online. Será o venres 15, a partir das 13:00 horas, durante a charla que ofrecerá baixo o título “vitaminas para adolescentes”, toda unha declaración de intencións para lograr o compromiso e a implicación da mocidade en cuestións de xénero.

O venres 22 será a actriz e contadora Raquel Queizás quen achegue aos máis pequenos/as os contos pola igualdade a través do espectáculo “Somos iguais”, no que descubriremos historias de nenos e nenas que rompen os estereotipos que abundan nos contos e faranos brincar co poder da imaxinación que une ambos sexos. E tamén para a cativada e as súas familias vai dirixida a última actividade do mes protagonizada pola tamén actriz e contadora de historias Soledad Felloza, que nos achegará ao mundo máxico e libre das “Bolboretas” o venres 29.

Programa sobre feminicidio da Deputación

A área de Igualdade e Benestar Social da Deputación da Coruña promove obradoiros a través dos CIMs para avanzar na prevención da violencia machista. Os Centros de Información á Muller dos Concellos de Carballo, Cee, Muros e Muxía acollen algunha das citas desta serie de debates, que arrinca hoxe en Negreira.

O obxectivo da actividade é debater sobre a violencia de xénero e diferenciala da doméstica ou intrafamiliar, tomando como base o libro "Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión", da propia Carme Adán.

Programa do Día da Muller en Carballo

Programa 8 de marzo Carballo

O Centro de Información á Muller e a Biblioteca Rego da Balsa colaboran para achegar o debate sobre a igualdade a todos os sectores da poboación. O programa comeza o vindeiro luns 4 de marzo, de 18.00 a 20.00 horas, no Pazo da Cultura, cun obradoiro arredor do feminicidio que será impartido por Carme Adán. A autora de Feminicidio.
As persoas que o precisen deben solicitalo previamente chamando ao teléfono do CIM, 981 700 688. O prazo está aberto ata o venres 28.

As actividades trasladaranse o xoves 7 ata a Biblioteca Municipal Rego da Balsa, que acollerá a partir das 19.00 horas o faladoiro Feministas e artistas, unha nova proposta das Xornadas Guerrilleiras que nos propón cada ano por estas datas a biblioteca.
O 18 de marzo de 10.00 a 14.00 horas desenvolverase no Pazo da Cultura un novo e interesante obradoiro, nesta ocasión sobre Confianza e seguridade das mulleres na rede, que vai dirixido a mulleres con coñecementos de informática a nivel usuaria.

Obradoiro de risoterapia en Cee

Ademais do programa escolar de igualdade, o CIM de Cee artella un obradoiro de risoterapia.

CARTEL RISOTERAPIA Cee copia

Novas relacionadas do 8 de marzo

Máis novas

Comentarios