Mércores. 16.10.2024
El tiempo

As máscaras deixan de ser, dende hoxe, obrigatorias no exterior

home con bolsa de mascara
Xa non serán necesarias estas curiosidades para regatear a normativa. Fotos cedidas capturadas durante o ano pasado en Cee
As máscaras deixan de ser, dende hoxe, obrigatorias no exterior

Dende hoxe, tal e como aprobou o Consello de Ministros o pasado martes, deixa de ser obrigatorio o úso da máscara no exterior. Así o refrenda a baixada de casos, a menor gravidade provocada pola variante Omicron, e a falta de estudos que demostren que a máscara é efectiva en lugares abertos.

Como novidade, nesta ocasión, aplicarase tamén a colexios e institutos, onde o alumnado poderá deixar de utilizala nos recreos. Iso si, en eventos multitudinarios, é obrigatorio levala se as persoas están de pé e non se pode manter o metro e medio de distancia.

Así e todo, comprobamos esta mañá polas rúas das vilas costeiras como a xente aínda se mantén cautelosa e son moitas as persoas que a seguen usando para saír á rúa.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios