Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As familias de Dumbría convocan unha nova concentración contra os recortes en pediatría

Concentración en Dumbría contra os recortes en pediatría do mes de novembro
Imaxe da concentración en Dumbría contra os recortes en pediatría do mes de novembro
As familias de Dumbría convocan unha nova concentración contra os recortes en pediatría

Se os mércores toca concentrarse en Muxía, unindo a loita dos profesionais a dos pediatras, o vindeiro martes 5 de marzo terá lugar unha concentración en Dumbría.

As familias afectadas polos continuos recortes en pediatría, que mesmo lles obrigan a ir ata Fisterra a ver a un especialista, animan a toda veciñanza a achegarse ás 11:00h ao Centro de Saúde, para manifestar o rexeitamento de toda a sociedade contra os continuos recortes na sanidade pública galega.

Despois da concentración do pasado mes de novembro, as familias, apoiadas polo Concello, afectadas esperan que sexa esta unha gran cita reivindicativa.

Todas as novas sobre os recortes no pediatra

Máis novas

Comentarios