O BNG de Coristanco solicita os documentos xudiciais do Concello
Segue pelexando a oposición por esclarecer a presunta trama de corrupción no Concello bergantiñán. Se a semana pasada TeGa persóase no Xulgado, esta vez tócalle ao BNG intentar conseguir que “os veciños e veciñas coñezan toda a verdade”. Por iso vén de vén de rexistrar no Concello de Coristanco “unha solicitude para que se facilite copia de todos os documentos que constan no rexistro de entrada que foran remitidos polos xulgados de primeira”.
Faino varias semanas despois de que o alcalde “non informa nin á corporación nin á veciñanza sobre os procesos xudiciais en marcha”.
Alegan ás “leis de transparencia e do procedemento administrativo común que garanten o dereito a obter copias da documentación obrante nos expedientes”. O BNG quere así obter “información fidedigna sobre cales son as imputacións reais contra Pensado Plágaro e o seu equipo e cales son todos os trámites que supostamente se realizaron fóra da legalidade”.
Ao tempo que consideran que “o sr. Pensado Plágaro e o resto de concelleiros/as do Partido Popular que foron imputados/as nos xulgados deberían presentar a demisión de forma inmediata”.
Máis información
Novas de Coristanco
- 22-09-14: TeGa persóase no Xulgado con máis argumentos contra os imputados de Coristanco.
- 19-09-14: Día de declaracións de alcaldes imputados.
- 20-08-14: TeGa presentará máis medidas para clarexar as imputacións do Concello de Coristanco.
- 19-06-14: A oposición pide a dimisión dun sorprendido alcalde de Coristanco.
- 18-06-14: O alcalde de Coristanco, imputado por prevaricación e malversación de fondos públicos.
- 17-02-14: O BNG de Coristanco valora o rexistro no Concello e critica o PXOM de Cabana.
- 14-02-14: A concesión de obras municipais volve levar a un Concello de Coristanco ante a Xustiza.
- 12-02-14: Rexistro no Concello de Coristanco por suposto delito de prevaricación e tráfico de influencias.
Fonte
- TEGA.
- Redacción de QPC ([email protected]).