O Entroido enche de festa a Costa da Morte


Completa temos a Axenda Costa da Morte para estes 5 días de Entroido. Temos recollidas todas as actividades culturais dos 15 concellos da Costa da Morte. Este ano non hai un que perdoe a festa das festas, un entroido que cada ano mellora. Daquela... e ti a que entroido vas?
Se ben este ano botaremos en falta o concurso de comparsas de Cee, vemos como o de Dumbría, Carnota (polo Pindo xa dan constancia do entroido...) ou Vimianzo seguen crecendo; vemos comos os persoeiros de Bergantiños seguen collendo máis e máis protagonismo e poderemos disfrutar dos Caietanos, Farrucos e Mikaelas coma nunca. Estaremos pois aos seus enterros, que uns se dan esta fin de semana e outros esperarán á fin de semana que vén.

O de Fisterra segue sendo o máis agardado pola súa historia de comparsas afiadas. Este ano faltan as comparsas máis novas, pero haberá 4 que irán a por todas. Estarán os Rombos, o Fogar do pensionista, como non, Buxantes Calidade (para a lembranza quedará a actuación de Lady Traba...), e mais unha novidade Comparsa do equipos de baloncesto Costa da Morte A.C.B.
O que crece, e de que xeito, é o Entroido de Dumbria, con 9 comparsas mesmo chegadas de Porto do Son.
Así que sen máis, invitámosvos a que busquedes a que festas poderedes asistir en axendacostadamorte.com, pero tamén vos deixamos con todos os programas de Entroido dos 15 concellos da Costa da Morte.
Máis información
Todos os Entroidos da Costa
- Cabana: Cabana artella un Entroido de fábula.
- Camariñas: 3 días de cor no Entroido de Camariñas.
- Carnota: Concello e Asociacións presentan un Entroido de orellas, Urdangarines e Duquesas en Carnota.
- O Pindo: O Pindo prepárase para a invasión vikinga do Entroido.
- Cee: Cee presenta o seu Entroido.
- Corcubión: Corcubión non quere perder o seu ácedo entroido.
- Dumbría: Dumbría presenta o entroido máis desexado.
- Fisterra: Santi Caneta será o pregoeiro dun Entroido de Fisterra que xa ten cartel.
- Laxe: Caietano será de novo o efímero protagonista do entroido social de Laxe.
- Malpica: A Mikaela e o Farruco serán protagonistas do Antroido de Malpica.
- Mazaricos: Os entroideiros de Arcos toman Mazaricos.
- Muros: 5 días de festa no Entroido de Muros.
- Muxía: Os pinchos serán, unha vez máis, os protagonistas do entroido muxián.
- Ponteceso: Ponteceso celebrará un Entroido de Disfraces.
- Vimianzo: Vimianzo tamén quere un entroido de primeira.
- Zas: Pequenos e maiores protagonizan o entroido de Zas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).